
Underisk-USC
Unidade de investigación das condutas de risco e os trastornos do desenvolvemento
Underisk-USC
Unidade de investigación das condutas de risco e os trastornos do desenvolvemento
Underisk-USC
Unidade de investigación das condutas de risco e os trastornos do desenvolvemento
O grupo de investigación UNDERISK (GI-1416) está composto por investigadores das áreas de Personalidade, Avaliación e Tratamento Psicolóxico e de Psicoloxía Evolutiva e da Educación, ambas con sede na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. O grupo UNDERISK xorde da Unidade de Investigación en Prevención e Tratamento dos Problemas de Conduta (UDIPRE; GI-1416), ao que se fusiona en 2017 o GI-1421 (Adquisición da Linguaxe e Trastornos do Desenvolvemento) e en 2020 o GI-1424 (Desenvolvemento Psicolóxico e Educación), os cales conflúen en enfoques, intereses e métodos de investigación. O interese polo desenvolvemento na infancia e adolescencia, así como o estudo dos factores de risco e de protección que actúan nos diferentes períodos evolutivos, constitúen o obxectivo fundamental do grupo UNDERISK. Todo isto baixo un enfoque lonxitudinal que, mediante a utilización de diversas técnicas de avaliación, fundamentan a metodoloxía do grupo. A coordinación de esforzos entre os e as investigadoras das dúas áreas fai posible o estudo conxunto do desenvolvemento normal e patolóxico, de acordo coa perspectiva moderna da psicopatoloxía do desenvolvemento.

Servizo de consulta e asesoramento a comunidades socioeducativas sobre cuestións relacionadas con actuacións preventivas tales como:

ULTIMAS NOVAS
Mantente actualizado sobre a nosa actividade


Xunta directiva da SEIC
22 de Outubro de 2024

Premio a Emma Mayo
18 de Xullo de 2024

Charlas de sensibilización contra o bullying no colexio CEIP Ramón Cabanillas
23 de Abril de 2024