Unidade de Investigación das condutas de risco e os trastornos do desenvolvemento.
- FACULTADE DE PSICOLOXÍA Universidade de Santiago de Compostela (USC)
- Campus Universitario Sur, s/n.
- 15782 Santiago de Compostela, España.
O protocolo de Valoración do RIsco e NEcesidades en Protección (VRINEP) é unha ferramenta de avaliación online que permite obter información sobre as fortalezas e necesidades de nenos, nenas e adolescentes que se atopan en acollemento residencial. Este protocolo proporciona información sobre unha serie de factores e variables agrupadas en oito áreas do desenvolvemento:
Esta ferramenta foi deseñada para axudar nos procesos de avaliación e toma de decisións aos e ás profesionais do ámbito da protección á infancia e adolescencia. De maneira máis específica, o protocolo VRINEP pretende contribuír tanto á elaboración e actualización do Proxecto Educativo Individualizado (PEI) de menores en acollemento residencial, como á adaptación das estratexias de intervención e á actualización do plan do caso.
O protocolo VRINEP cumpriméntase de xeito online a través dun cuestionario, cuxo acceso é proporcionado directamente polos membros do equipo de investigación do proxecto. Unha vez completado o cuestionario correspondente a cada menor, obtense un informe de resultados cunha breve descrición de cada factor ou variable, así como a puntuación obtida polo neno, nena ou adolescente.
O protocolo VRINEP consta de doas versións:
O proxecto de investigación “Protocolo de valoración do risco e as necesidades en protección. Utilidade e análise dos perfís de risco en menores en acollemento residencial” é levado a cabo por membros do grupo de investigación Underisk, en colaboración co grupo de investigación Forensic Family and Youth Care Studies da Universidade de Leiden (Países Baixos). Este proxecto ten dous obxectivos xerais:
Se desexa coñecer máis sobre o protocolo VRINEP, pode consultar aquí a guía breve.
Se queres contactar connosco fai clic na seguinte ligazón:
Unidade de Investigación das condutas de risco e os trastornos do desenvolvemento.