Unidade de Investigación das condutas de risco e os trastornos do desenvolvemento.
- FACULTADE DE PSICOLOXÍA Universidade de Santiago de Compostela (USC)
- Campus Universitario Sur, s/n.
- 15782 Santiago de Compostela, España.
Os problemas de conduta en nenos son unha das queixas máis frecuentes por parte de familias e profesorado, e son uns dos motivos polos cales máis frecuentemente as familias demandan atención profesional. Dificultades para seguir as normas, comportamentos agresivos, desafiantes, rabietas e explosións de ira son só algunhas das manifestacións dun conxunto de problemas que poden supoñer unha alteración significativa no benestar do neno e do seu entorno. Ademais, aínda que o curso evolutivo destes problemas pode ser variable, existe un risco elevado de que esas dificultades temperás se cronifiquen e desencadeen na adolescencia problemas máis severos como fracaso escolar, conduta antisocial ou problemas co abuso de drogas.
O programa EmPeCemos. Emocións, Pensamentos e Condutas para un desenvolvemento saudable é unha intervención multicompoñente na que se traballa coas familias, o profesorado e os propios nenos e nenas para abordar os problemas de conduta temperáns e previr o desenvolvemento de futuros desaxustes sociais, emocionais e condutuais.
Para o desenvolvemento do programa, o grupo baseouse en experiencias de intervención con eficacia amplamente validada pola investigación científica. Vai dirixido a nenos con problemas de conduta de idades comprendidas entre os 5 e os 11 anos, os seus profesores e as súas familias. EmPeCemos se centra en traballar sobre as emocións, os pensamentos e as condutas dos pais, nais, profesores e dos propios nenos para promover unha espiral de cambios positivos que permita saír do círculo de reaccións que se atopa detrás dos problemas de conduta dos nenos/as.
As actividade propostas por EmPeCemos son diversas, incluíndo explicacións, actividades de discusión, modelado de condutas e, sobre todo, a práctica de habilidades. Nos seguintes enlaces pódese obter máis información sobre cada un dos compoñentes.
Aínda que os tres compoñentes do programa (familias, profesorado, nenos) poder ser aplicados por separado, recoméndase a aplicación conxunta e coordinada, multicompoñente, de forma que os avances nun ámbito se poidan ver apoiados e consolidados nos outros espazos de socialización.
O programa multicompoñente foi avaliado non só a curto prazo, senón tamén nun período de sete anos, e mostrou a súa capacidade para reducir as condutas problemáticas ao longo do tempo, incluíndo tamén o inicio en consumo problemático de drogas na adolescencia. O programa foi recoñecido como un programa de alta calidade no contexto europeo de prevención dos problemas de conduta (EMCDDA).
Diferentes estudos e traballos de investigación foron levados a cabo co gallo de avaliar a eficacia do programa EmPeCemos:
Robles, Z. (2009). Intervención sobre problemas de conducta de inicio temprano: evaluación de un programa de entrenamiento para padres. Tesis doctoral. Universidad de Santiago de Compostela. https://minerva.usc.es/xmlui/bitstream/handle/10347/2620/9788498873207_content.pdf?sequence=1
Romero, E., Rodríguez, C., Villar, P., & Gómez-Fraguela, X. A. (2016). Intervención sobre problemas de conducta tempranos como prevención indicada del consumo de drogas: Siete años de seguimiento. Adicciones, 29(3), 150-162. http://www.adicciones.es/index.php/adicciones/article/view/722
Romero, E., Villar, P., Luengo, M. A., & Gómez-Fraguela, J. A. (2009). EmPeCemos: Un programa multicomponente para la prevención indicada de los problemas de conducta y el abuso de drogas. Revista Española de Drogodependencias, 4, 420-447. http://roderic.uv.es/bitstream/handle/10550/22433/v34n4_3.pdf?sequence=1&isAllowed=y
Romero, E., Gómez-Fraguela, X.A., Villar, P. & Rodríguez, C. (2019). Prevención indicada de los problemas de conducta: Entrenamiento de habilidades socioemocionales en el contexto escolar. Revista de Psicología Clínica con Niños y Adolescentes, 6 (3), 39-47. https://www.revistapcna.com/sites/default/files/1923-2_0.pdf
Se queres contactar connosco fai clic na seguinte ligazón:
Unidade de Investigación das condutas de risco e os trastornos do desenvolvemento.