Search
Close this search box.

Novas

Rede para a difusión do programa Construíndo Saúde

Froito da colaboración entre a Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia) e o grupo de investigación UNDERISK da Universidade de Santiago de Compostela, creouse unha rede de profesionais de prevención distribuída por todo o territorio galego, capacitada para a aplicación do programa Construíndo Saúde.

Ao remate do curso 2025-2026, contase con técnicos e técnicas de prevención formados en 38 concellos e entidades que colaboran coa Consellería de Sanidade na aplicación de programas de prevención de condutas adictivas. Esta iniciativa ten como obxectivo último que, ao longo do curso académico 2026-2027, o programa Construíndo Saúde poida implantarse nos Institutos de Educación Secundaria das localidades participantes.

No seguinte enlace pode consultarse os concellos e entidades que contan con profesionais formados para levar a cabo o programa.

Acceso ao mapa interactivo

 

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp