Unidade de Investigación das condutas de risco e os trastornos do desenvolvemento.
- FACULTADE DE PSICOLOXÍA Universidade de Santiago de Compostela (USC)
- Campus Universitario Sur, s/n.
- 15782 Santiago de Compostela, España.
O grupo de investigación UNDERISK (GI-1416) está composto por investigadores das áreas de Personalidade, Avaliación e Tratamento Psicolóxico e de Psicoloxía Evolutiva e da Educación, ambas con sede na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. O grupo UNDERISK xorde da Unidade de Investigación en Prevención e Tratamento dos Problemas de Conduta (UDIPRE; GI-1416), ao que se fusiona en 2017 o GI-1421 (Adquisición da Linguaxe e Trastornos do Desenvolvemento) e en 2020 o GI-1424 (Desenvolvemento Psicolóxico e Educación), os cales conflúen en enfoques, intereses e métodos de investigación. O interese polo desenvolvemento na infancia e adolescencia, así como o estudo dos factores de risco e de protección que actúan nos diferentes períodos evolutivos, constitúen o obxectivo fundamental do grupo UNDERISK. Todo isto baixo un enfoque lonxitudinal que, mediante a utilización de diversas técnicas de avaliación, fundamentan a metodoloxía do grupo. A coordinación de esforzos entre os e as investigadoras das dúas áreas fai posible o estudo conxunto do desenvolvemento normal e patolóxico, de acordo coa perspectiva moderna da psicopatoloxía do desenvolvemento.
A concesión no ano 2019 da axuda para a Consolidación e Estruturación de Unidades de Investigación Competitivas, financiada pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, afianzou a base do grupo UNDERISK e os seus obxectivos comúns. A axuda está dirixida cara a consolidación dos grupos de referencia competitiva no período comprendido entre os anos 2019 e 2022. A axuda foi renovada para o período do 2022-2025.
Se queres contactar connosco fai clic na seguinte ligazón:
Unidade de Investigación das condutas de risco e os trastornos do desenvolvemento.