Search
Close this search box.

Efectos do confinamento na familia e na infancia (CONFIA-20)

Efectos do confinamento na familia e na infancia (CONFIA-20)

Efectos do confinamento na familia e na infancia (CONFIA-20)

Obxectivo xeral

Analizar os efectos do confinamento nos nenos/as e as súas familias, considerando efectos tanto positivos coma negativos, e modelando os procesos subxacentes (individuais e psicosociais) que permiten explicar as diferenzas individuais observadas nas respostas á situación de crise.

Obxectivos específicos

  • Analizar os efectos do confinamento nos nenos a nivel condutual, emocional e social, atendendo tanto ás consecuencias negativas (por ex., problemas de conduta), coma positivas (por ex., implicación prosocial).
  • Examinar os recursos e estratexias de afrontamento dos que dispoñen familias e nenos/as para facer fronte ás demandas do confinamento e da crise sanitaria.
  • Identificar factores específicos da situación (e.g., número de contaxios/falecementos no entorno próximo; os efectos da crise na situación laboral, etc.) que poidan contribuír a amplificar ou reducir os efectos do confinamento en familias e nenos/as.
  • Analizar os efectos da crise no ámbito familiar (por ex., afectación emocional, laboral), así como as prácticas parentais despregadas de xeito específico ante esta situación, e integralos nun modelo comprensivo que permita dar conta dos cambios no comportamento infantil derivados do confinamento.
  • Examinar en que medida as variables temperamentais e psicosociais medidas de xeito temperá permiten predicir unha mellor adaptación ao confinamento.

Mostra inicial

Durante o mes de Abril de 2020, coincidindo coa fase más restritiva do confinamento, recolléronse datos nunha mostra de 1.123 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 os 12 anos. A maioría das familias participantes residían en Galicia (94.2%); as familias restantes distribuíanse ao longo de diversas provincias, incluíndo Madrid, Barcelona, Cantabria ou Zamora. Parte da investigación CONFIA-20 permitiu enlazar co proxecto ELISA, dende o cal se recolleron novos datos sobre os efectos do confinamento en máis de 700 familias participantes neste estudo lonxitudinal.

Participantes (informantes)

En ambas recollidas, a información foi proporcionada polos proxenitores, sendo a nai a informante nun 89.5% dos casos. O cuestionario era accesible dende unha plataforma web, e dispoñía de varias seccións nas que as familias informaban da súa situación durante o confinamento, os efectos que este estaba a ter nos nenos/as, as prácticas parentais empregadas de xeito específico, ou a súa percepción acerca das implicacións que esta situación podía ter no desenvolvemento posterior dos nenos/as.

Documentos de interese: