Rede para a difusión do programa Construíndo Saúde
Froito da colaboración entre a Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia) e o grupo de investigación UNDERISK da Universidade de Santiago de Compostela, creouse unha
Construíndo Saúde (CS) é unha intervención multicompoñente de tipo universal orientada a previr o inicio no consumo de drogas e a implicación noutro tipo de condutas problemáticas ao comezo da adolescencia. O programa vai orientado a estudantes entre o último curso de Educación Primaria e o 2º curso da Educación Secundaria (11 – 14 anos) e as súas familias.
A orixe do programa remóntase ao ano 1992 e toma como base os modelos de programas centrados no adestramento en habilidades de vida. En 1995 iniciouse a primeira avaliación do programa, sobre a que se levou a cabo un seguimento dos seus efectos durante 4 anos. No ano 1997 levouse a cabo unha segunda fase na investigación na que se pretendía comprobar a viabilidade de aplicar o programa a gran escala. Por último, desenvolveuse a avaliación dunha intervención familiar para complementar a intervención escolar. Nos seguintes enlaces pode consultarse a información correspondente ao programa e ás súas avaliacións.
O programa foi recoñecido como un programa de alta calidade no contexto europeo da prevención do consumo de drogas:
Froito da colaboración entre a Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia) e o grupo de investigación UNDERISK da Universidade de Santiago de Compostela, creouse unha

O venres 6 de marzo celebrouse en Vilagarcía de Arousa a primeira sesión de formación destinada ao profesorado de ESO para a implementación do programa
O pasado 20 de febreiro, a Escola Galega de Saúde Publica acolleu unha sesión formativa sobre o programa Construíndo Saúde, un programa deseñado para ser
Se queres contactar connosco fai clic na seguinte ligazón:
Unidade de Investigación das condutas de risco e os trastornos do desenvolvemento.