UNDERISK

O grupo de investigación UNDERISK (GI-1416) está composto por investigadores das áreas de Personalidade, Avaliación e Tratamento Psicolóxico e de Psicoloxía Evolutiva e da Educación, ámbalas dúas con sede na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. O grupo UNDERISK xurde da Unidade de Investigación en Prevención e Tratamento dos Problemas de Conduta (UDIPRE; GI-1416), ao que se fusiona en 2017 o GI-1421 (Adquisición da Linguaxe e Trastornos do Desenvolvemento) e en 2020 o GI-1424 (Desenvolvemento Psicolóxico e Educación), os cales conflúen en enfoques, intereses e métodos de investigación. O interese polo desenvolvemento na infancia e adolescencia, así como o estudo dos factores de risco e de protección que actúan nos diferentes períodos evolutivos, constitúen o obxectivo fundamental do grupo UNDERISK. Todo isto baixo un enfoque lonxitudinal que, mediante a utilización de diversas técnicas de avaliación, fundamentan a metodoloxía do grupo. A coordinación de esforzos entre os investigadores das dúas áreas fai posible o estudo conxunto do desenvolvemento normal e patolóxico, de acordo coa perspectiva moderna da psicopatoloxía do desenvolvemento.

A concesión no ano 2019 da axuda para a Consolidación e Estruturación de Unidades de Investigación Competitivas, financiada pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, afianzou a base do grupo UNDERISK e os seus obxectivos comúns. A axuda está dirixida cara a consolidación dos grupos de referencia competitiva no período comprendido entre os anos 2019 e 2022.

Subscríbete ao Blog de Elisa

Se quere contactar con nos preme na seguinte ligazón: