Novas

VISITA DE REBECCA WALLER, da Universidade de Pennsylvania

Na primeira semana de outubro de 2023, tivemos a visita de investigación da doutora Rebecca Waller, unha especialista de recoñecido prestixio internacional na psicopatoloxía do desenvolvemento, coa que UNDERISK ten realizado xa colaboracións previas.  Durante estes días, varios membros do grupo tiveron a oportunidade de reunirse con Rebecca e discutir con ela os avances nas nosas liñas de investigación sobre os problemas de conduta na infancia.

Así mesmo, Rebecca Waller presentou unha parte importante da súa propia investigación na conferencia titulada: What can callous-unemotional traits in early childhood tell us about preventing and treating antisocial behavior across the lifespan?. Foron días moi estimulantes para compartir ideas, reflexións, e vías futuras de traballo.

Subscríbete ao Blog de Elisa

Se quere contactar con nos preme na seguinte ligazón: