Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Noticias

O grupo UNDERISK presente na novena edición do Congreso da EFCAP

A nosa compañeira Laura López Romero asistiu á novena edición do congreso da EFCAP (European Association for Child and Adolescent Psychiatry, Psychology and other involved Professions), celebrado na cidade de Limassol (Chipre) entre os días 27 e 29 de maio.

No marco deste encontro internacional, presentou o traballo “The development of psychopathic traits across childhood: Tracing (co)developmental trajectories and associated factors”, desenvolvido con datos recollidos ao longo da infancia no estudo lonxitudinal Proxecto ELISA. A investigación formou parte do simposio “Developmental Insights into Psychopathic Traits in Young People: Implications for the Early Prevention of Antisocial Behavior”, centrado na comprensión temperá dos trazos psicopáticos e as súas implicacións para a prevención temperá dos problemas de conduta e a conduta antisocial.

Durante o congreso tamén se presentou o póster “From Aggression to Bullying: The Protective Role of Fear Recognition in Childhood”, elaborado coas compañeiras Carmen Sánchez Vázquez, María Álvarez Voces, Beatriz Díaz-Vázquez e Estrella Romero. Neste traballo analizouse o papel protector do recoñecemento do medo na relación entre a conduta agresiva e o bullying, empregando datos do proxecto ELISA Socioemocional.

A participación neste congreso supuxo unha valiosa oportunidade para compartir avances científicos no ámbito da psicoloxía forense infanto-xuvenil, así como para consolidar e fortalecer as redes de colaboración xa establecidas con investigadores e investigadoras de distintas universidades e centros de investigación internacionais, entre eles Suecia, Bélxica, Canadá, Portugal ou Chipre, entre outros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp