Novas

Tese doutoral sobre uso problemático de internet e condutas de risco asociadas

O 17 de novembro de 2020, dentro do grupo UNDERISK, foi defendida a tese doutoral de Cristina Alonso Vilar, co título “Uso problemático de Internet e condutas de risco asociadas: Predictores de personalidade e consecuencias psicosociais desde un enfoque lonxitudinal”, que obtivo a máxima calificación (Sobresaínte Cum Laude). A tese pon o seu foco en fenómenos de ampla relevancia social, educativa e clínica, como o uso abusivo de Internet e vídeoxogos, o ciberacoso e a cibervitimización, e o envío de contidos personales de carácter sexual (sexting) durante o período adolescente. Concretamente, analízase como as variables de personalidade permiten predecir estes comportamentos. Ademáis, estúdase qué consecuencias poden presentar ese comportamentos sobre as emocións e os problemas de conduta nun prazo de seguemento dun ano.

Os resultados amosan que eses diferentes comportamentos poden estar propiciados por características de personalidade tamén diferenciadas. Sen embargo, as consecuencias destes fenómenos parecen semellantes entre sí, incluindo deterioro no benestar emocional e aumento na implicación no consumo de tabaco e alcol.

A tese permitiu destilar de que maneira as intervencións sobre os riscos asociados a Internet poden ser enriquecidas tendo en conta as variables de personalidade e suxire, ademáis, que a intervención sobre estes fenómenos pode contribuir á prevención doutras dificultades psicosociais ao longo do tempo.

Subscríbete ao Blog de Elisa

Se quere contactar con nos preme na seguinte ligazón: