Política de privacidade do sitio web IDHC

Os termos en que o sitio web https://underisk.gal/idhc (IDHC) usa e protexe a información que é proporcionada polos seus usuarios/as cando se envía un formulario de contacto ou cando se completan as respostas dos nosos tests son os seguintes:

A Universidade de Santiago de Compostela comprométese a protexer a confidencialidade dos datos que os usuarios/as envían a través do sitio web de IDHC. Cando solicitamos encher campos de información personal cos cais vostede pode ser identificado/a, facémolo asegurando que só se empregará esa información de acordo cos termos expresados neste documento.

Información que se recolle

A través do noso formulario de contacto só recollemos o seu nome, o seu enderezo de correo electrónico e o texto que vostede escriba no cadro «Mensaxe».

A través dos nosos catro tests: Nivel 1 (8-15 meses), Nivel 1, forma abreviada (8-15 meses), Nivel 2 (16-30 meses) e Nivel 2, forma abreviada (16-30 meses) recollemos a seguinte información, facilitada polos propios usuarios:

Sobre o seu fillo/a:

Nome, xénero, lugar e data de nacemento, peso, se é ou non prematuro, se asiste ou non á garderia; e información básica sobre problemas de audición ou linguaxe (de habelos) xunto a preguntas relativas o seu contacto co galego e outras linguas, e sobre o vocabulario que manexa.

Sobre a familia:

Nomes dos pais e as súas respectivas ocupacións e niveis de estudos. Número de fillos e uso do galego entre os membros da familia. Solicítase tamén un número de teléfono e un enderezo de correo eletrónico.

Uso da información recollida

Os datos recollidos a través do noso formulario de contacto utilizarase exclusivamente para dar resposta ao remitente.

Os datos recollidos a través dos nosos catro tests serán arquivados e farase con eles un tratamento estatístico para actualizar as normas do test, preservando en todo momento o anonimato e a confidencialidade dos datos.

Control da súa información personal

Ao rematar calquera dos nosos catro tests poderá ver en pantalla os resultados obtidos no mesmo. Esta información pode imprimila se o desexa, e tamén pode, se o considera oportuno, compartir a URL (enderezo web) deses resultados co seu pediatra ou con quen vostede estime oportuno. A Universidade de Santiago non se fai responsable da distribución por parte de vostede desa URL (que por outra parte, non contén dato identificativo ningún).

En calquera momento vostede pode restrinxir a recopilación e o uso da información que nos proporcionou a través dos nosos formularios. Para elo só ten que solicitalo enviando un correo electrónico a miguel.perez.pereira@usc.es.