Avaliación da linguaxe.

Se vostede ten un fillo ou unha filla entre 8 meses e 30 meses e está interesado/a en diagnosticar o seu desenvolvemento lingüístico e comunicativo, pode facelo cubrindo en liña o formulario apropiado á idade do seu fillo ou da súa filla.

Existen catro tipos de formularios, dependendo da idade do neno ou da nena, e do nivel de profundidade da avaliación. O Inventario do Desenvolvemento de Habilidades Comunicativas (IDHC) abreviado cúbrese en 5-10 minutos e da unha estimacíón aproximada do nivel de desenvolvemento lingüístico. O IDHC completo analiza un pouco máis a fondo a competencia lingüística e comunicativa dos nenos, e enchelo pode levar arredor de 20-30 minutos, aproximadamente. Vostede debe escoller dos catro o máis apropiado á idade do seu fillo ou da súa filla e aos seus intereses e disponibilidade de tempo. Prema no formulario apropiado que aparece na páxina seguinte.

O IDHC “Palabras e Xestos”, dirixida a nenos e nenas de entre 8 e 15 meses de idade, explora a primeira sensibilidade dos bebés á linguaxe e avalía a o tamaño e a natureza do primeiro vocabulario infantil (comprensión e produción), xunto á habilidade para producir xestos comunicativos, participar en situacións de intercambio social, imitar accións e o desenvolvemento do xogo simbólico. Estes comportamentos comunicativos son polo xeral antecedentes do uso da linguaxe.

O IDHC “Palabras e Oracións”, dirixida a nenos e nenas de 16 a 30 meses, avalía a cantidade de palabras producidas nesas idades, así como tamén os principais progresos que caracterizan o desenvolvemento gramatical inicial: o uso de morfemas, a capacidade do neno para combinar palabras, así como a lonxitude e complexidade das súas primeiras frases.

As correspondentes formas abreviadas fan unha avaliación da linguaxe en base ao vocabulario comprendido e producido, no nivel I para nenos entre 8-15 meses, e en base ao vocabulario producido e á combinación de palabras no nivel II para nenos entre 16- 30 meses.


A nosa política de privacidade | A nosa política de cookies.