Novas

Publicación dun novo artigo científico sobre a Tríada Escura da personalidade e as conductas de risco

A revista científica International Journal of Environmental Research and Public Health publicou recentemente o artigo “Dark Triad and risky behaviours: Identifying risk profiles from a person-centred approach”, no número especial dedicado á Tríada Escura e a súa influencia na saúde e os comportamentos de risco. O citado artigo foi elaborado por membros do grupo Underisk en colaboración co grupo Forensic Family and Youth Care Studies da Universidade de Leiden (Países Baixos).

O artigo presenta os resultados dun estudio centrado na análise dos perfís obtidos en base ás puntuacións na Tríada Escura da personalidade, integrada polos factores de Maquiavelismo, psicopatía e narcisismo, así como a súa relación coas condutas de risco. O estudio, levado a cabo nunha mostra composta principalmente por estudantes universitarios/as, mostra a existencia de cinco perfís diferenciados: baixo risco, narcisista, Maquiavélico/narcisista, psicópata, e Maquiavélico/psicópata. Especificamente, os/as participantes integrados/as nos subgrupos Maquiavélico/narcisista e Maquiavélico/psicópata foron os que maiores puntuacións obtiveron en determinadas condutas de risco, incluíndo agresión reactiva e proactiva, implicación no risco e uso problemático de internet. Pola súa banda, os/as participantes no grupo de baixo risco obtiveron maiores puntuacións en percepción do risco. Porén, non se observaron diferencias entre os subgrupos en canto a frecuencia de consumo de alcol, tabaco e cannabis.

Para acceder ao artigo completo, prema aquí

Subscríbete ao Blog de Elisa

Se quere contactar con nos preme na seguinte ligazón: