Publicación do manual “Valoración del Riesgo en Adolescentes Infractores (VRAI)”
Recentemente vén de publicarse o manual Valoración del Riesgo en Adolescentes Infractores (VRAI): Evaluación estructurada para la gestión del riesgo, pola editorial Andavira. O manual recolle os principios e fundamentos da valoración do risco e serve de guía para o uso e implementación do Protocolo VRAI, deseñado para a súa aplicación en adolescentes que cumpren medidas de xustiza xuvenil. O Protocolo VRAI proporciona información sobre unha serie de factores de risco e de protección de conductas antisociais e favorece, á súa vez, o desenvolvemento de estratexias de prevención e intervención adaptadas ás necesidades específicas de cada menor.
Para acceder á demo do libro prema no seguinte enlace:
http://www.andavira.com/adolescentes/
O manual estará dispoñible proximamente nas librerías e na páxina web da editorial Andavira.