Novas

Publicación do artigo “Relación lonxitudinais entre habilidades de lectura, conciencia fonolóxica, habilidades de linguaxe e funcións executivas: Comparación entre nenos prematuros de baixo risco e nacidos a termo”

A revista Frontiers in Psychology publicou recentemento o artigo “Relacións lonxitudinais entre habilidades de lectura, conciencia fonolóxica, habilidades de linguaxe e funcións executivas: Comparación entre nenos prematuros de baixo risco e nacidos a termo”, asinado polos autores Miguel Pérez Pereira, Zeltia Martínez López e Lorena Maneiro. O estudo ten como obxectivo principal profundar no desenvolvemento dos nenos e nenas nacidos con prematuridade e avaliar as posibles diferenzas en relación ás habilidades de lectura, conciencia fonolóxica, habilidades de linguaxe e funcións executivas, en comparación cos nenos e nenas nacidos a termo. Ademais, o citado estudo proporciona información sobre a relación entre as funcións executivas, habilidades de linguaxe, conciencia fonolóxica e habilidades de lectura, dende unha perspectiva lonxitudinal. Para iso, un total de 142 nenos e nenas de diferentes idades xestacionais, e recrutados en catro unidades neonatais de diferentes hospitais de Galicia, foron avaliados dende o nacemento ata os 9 anos. En xeral, os resultados amosan un desenvolvemento semellante entre os nenos e nenas nacidos con prematuridade e aqueles nacidos a termo en canto a funcións executivas, habilidades de lectura, conciencia fonolóxica e habilidades de linguaxe. Ademais, os resultados evidencian a influencia da memoria de traballo, certas habilidades lingüísticas rexidas por regras (gramática, morfoloxía) e conciencia fonolóxica sobre as habilidades de lectura. Así mesmo, obsérvase un efecto mediador da conciencia fonolóxica na relación entre as funcións executivas e habilidades de lectura. Para acceder ao artigo (versión en inglés), pinche no seguinte enderezo electrónico.

https://www.frontiersin.org/articles/10.3389/fpsyg.2020.00468/full



Se quere contactar con nos preme na seguinte ligazón: