Novas

Publicación da avaliación do programa Mantente REAL en España

Varios membros do grupo de investigación UNDERISK, en colaboración con investigadores da Universidade Pablo de Olavide, da Universidade de Sevilla e da Universidade estatal de Arizona, elaboraron un artigo que acaba de ser aceptado na prestixiosa revista Pyschosocial Intervention (factor de impacto de 4.026 en 2019). O artigo pode ser consultado no seguinte enlace https://journals.copmadrid.org/pi/art/pi2020a19.

O artigo presenta a avaliación da eficacia do programa Mantente REAL sobre o consumo de alcol no contexto español. A mostra estivo formada por 755 adolescentes de 11 a 15 anos. As 12 escolas de Galicia e Andalucía que participaron no estudo foron asignadas aleatoriamente a grupos de control e experimental, seis para cada condición, e realizáronse avaliacións antes e despois da aplicación do programa. Os resultados indican que a versión adaptada culturalmente de Mantente REAL foi eficaz para previr o consumo de alcol. Os estudantes que participaron no programa demostraron cambios na dirección desexada na frecuencia de alcol e episodios de embriaguez.

Subscríbete ao Blog de Elisa

Se quere contactar con nos preme na seguinte ligazón: