Esta ferramenta foi deseñada para axudar ás e aos profesionais do ámbito da protección á infancia e adolescencia nos procesos de avaliación e toma de decisións. De xeito más específico, o protocolo VRINEP pretende contribuír tanto á elaboración e actualización do Proxecto Educativo Individualizado (PEI) de menores en acollemento residencial, como á adaptación das estratexias de intervención e actualización do plan de caso.
O protocolo VRINEP cumpriméntase de xeito online a través dun cuestionario, cuxo acceso é proporcionado directamente polos membros do equipo de investigación do proxecto. Unha vez completado o cuestionario correspondente a cada menor, obtense un informe de resultados cunha breve descrición de cada factor ou variable, así como a puntuación obtida polo neno, nena ou adolescente.
O protocolo VRINEP consta de dúas versións:
- VRINEP-C: versión para nenos e nenas entre 6 e 11 anos. Esta versión foi deseñada para ser completada polo persoal do equipo técnico.
- VRINEP-A: versión para adolescentes entre 12 e 18 anos. Esta versión inclúe dous cuestionarios que deben ser completados de forma independente polo persoal técnico e polo rapaz ou rapaza.