Proxecto PREMATUROS

A liña de investigación sobre Prematuros céntrase no estudo do desenvolvemento psicolóxico en nenos e nenas nados con prematuridade (idade xestacional inferior a 37 semanas), con especial atención aos aspectos relacionados co desenvolvemento da linguaxe e outros aspectos do desenvolvemento (funcións executivas, cognición, habilidade lectora, etc.). Este estudo lonxitudinal comezou no ano 2008 cunha mostra de nenos/as prematuros/as que foron avaliados en sucesivos seguimentos ao longo de 9 anos.

Obxectivo xeral

Avaliar o desenvolvemento psicolóxico e da linguaxe en nenos e nenas nados con prematuridade e analizar as relacións entre diferentes variables no desenvolvemento, así como os posibles predictores dos resultados evolutivos.

Obxectivos específicos do proxecto en vigor

  • Describir e comparar o rendemento nos procesos de lectura e escritura nun grupo de nenos prematuros (PR) con diferentes idades xestacionais e outro grupo de nenos nacidos no termo (NT).
  • Relacionar o perfil de habilidades de lectura e escritura en ambos grupos e as súas posibles diferenzas individuais con outras habilidades como a linguaxe oral, o desenvolvemento cognitivo e as funcións executivas.
  • Analizar o impacto da idade xestacional, algúns factores de risco biomédicos asociados á prematuridade, variables sociodemográficas, competencia en alfabetización e traxectorias lingüísticas e cognitivas previas no rendemento escolar en nenos PR.

Mostra inicial

A mostra inicial estivo composta por un total de 150 nenos e nenas prematuros de baixo risco, así como unha mostra de 49 nenos e nenas nados a termo.

Informantes

O proceso de recollida de información foi levado a cabo por persoal investigador con formación específica. A información foi proporcionada a través de diferentes probas aplicadas aos pais e/ou nais dos/as participantes, como cuestionarios, entrevistas e inventarios, e probas estandarizadas aplicadas aos nenos e nenas.

Subscríbete ao Blog de Elisa

Se quere contactar con nos preme na seguinte ligazón: