Novas

Promoción de estilos de vida saudables na infancia e a adolescencia

Do 13 ao 15 de febreiro a UNED, dentro das actividades de Extensión Universitaria, organiza un curso centrado en difundir estratexias de promoción de estilos de vida saudables durante a infancia e a adolescencia. Dentro do mesmo exporanse os programas desenvoltos polo grupo UNDERISK. O Martes 12 de febreiro a profesora Estrella Romero explicará o programa EmPeCemos e toda a investigación desenvolta sobre o mesmo. O mércores 13 o profesor Xosé Antón Gómez-Fraguela centrarase na intervención cos adolescentes, expoñendo o programa Construíndo Saúde e o programa Mantente REAL.

Información máis detallada sobre esta actividade pode consultarse na seguinte enlace: https://extension.uned.es/actividad/28955

Subscríbete ao Blog de Elisa

Se quere contactar con nos preme na seguinte ligazón: