Novas

Premios de Investigación da Revista de Psicoloxía Clínica con Nenos e Adolescentes

O grupo UNDERISK está de en hora boa! Dous traballos do equipo veñen de ser recoñecidos nos II Premios de Investigación da Revista de Psicología Clínica con Niños y Adolescentes (Premios RPCNA 2020). De xeito específico, o traballo “Behavioral Profiles Related with Disctintc Developmental Patterns of Negative Emotionality from Preschool to School Ages” das compañeiras Aimé Isdahl-Troye, Paula Villar, Beatriz Domínguez-Álvarez e Estrella Romero, foi seleccionado como un dos 7 finalistas do premio. Por outra banda, o traballo “Bidirectional Effects between Psychopathic Traits and Conduct Problems in Early Childhood: Examining Parenting as Potential Mediator” (Laura López-Romero, Beatriz Domínguez-Álvarez, Aimé Isdahl-Troye e Estrella Romero) foi galardoado co premio ao Mellor traballo de evaluación, psicopatoloxía, e tratamento psicolóxico infanto-xuvenil, co patrocinio da editorial TEA. Ámbolos dous traballos, realizados con datos do Proxecto ELISA, veñen de ser publicados no último número da revista, dispoñible en acceso aberto no seguinte enlace:

https://www.revistapcna.com/

Subscríbete ao Blog de Elisa

Se quere contactar con nos preme na seguinte ligazón: