Premio “Xoán Vicente Viqueira” de Investigación en Ciencias Sociais, Humanidades, Sustentabilidade e Innovación

Recentemente, unha integrante do grupo UNDERISK, a doutora e profesora Olalla Cutrín, foi galardoada co premio ao traballo de investigador novo na I edición dos premios Xoán Vicente Viqueira da Deputación da Coruña. Este premio recoñece a súa investigación centradas na prevención do consumo de sustancias e outras condutas problemáticas en adolescentes, realizadas en diferentes países e contextos socioculturais en colaboración entre o grupo UNIDERISK e o grupo GCAHR (Global Center for Applied Health Research) da Universidade do Estado de Arizona.
No grupo UNDERISK estamos moi contentos por este recoñecemento moi merecido da nosa compañeira.