Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Personal del grupo

foto underisk Natalia Silva

Natalia Silva

Intereses científicos:

Os meus intereses científicos céntranse no estudo do axuste académico e psicosocial durante a adolescencia, así como dos factores que poden favorecer ou dificultar a súa evolución, especialmente a aprendizaxe autorregulada e o apoio social percibido.
Actualmente, a miña investigación estuda as relacións entre estes factores, diferentes condutas de risco e distintos indicadores de axuste académico e psicosocial ao longo da adolescencia. O meu obxectivo é contribuír a comprender mellor os procesos psicolóxicos e contextuais implicados no axuste adolescente e identificar factores de protección que poidan orientar a promoción do benestar e éxito académico e psicosocial nesta etapa evolutiva.

Breve reseña curricular:

Son graduada en Psicoloxía (2024) pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e titulada no Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas, na especialidade de Orientación Educativa (2025), pola mesma universidade. Actualmente realizo o Programa de Doutoramento en Desenvolvemento Psicolóxico, Aprendizaxe e Saúde na USC. A miña investigación desenvólvese no marco do proxecto ARASAC (PID2021-126981OB-I00) e está financiada polas Axudas de apoio á etapa predoutoral da Xunta de Galicia (convocatoria 2026).
O meu interese pola investigación comezou durante os estudos de Grao, a través do Traballo de Fin de Grao, e foise consolidando no Mestrado, cun Traballo de Fin de Mestrado centrado na aprendizaxe autorregulada. Esta liña de traballo continúa actualmente na miña investigación doutoral.