Persoal do grupo

estrella.romero@usc.es
ORCID: 0000-0002-9239-2544
researcher ID: C-6079-2011

Intereses científicos: Os meus intereses científicos céntranse no estudo da conduta antisocial (clasificación, desenvolvemento, factores implicados) con especial atención ás variables de temperamento e personalidade. Así mesmo, estou interesada na proposta de estratexias de intervención viables e eficaces para a prevención dos problemas de conduta na nenez e a adolescencia.

Breve recensión curricular: Estiven implicada en múltiples proxectos financiados (5 como IP) que me permitiron: 1) abordar os problemas de conduta dende un punto de vista lonxitudinal (e.g., o estudo UDIPRE, entre 2002 e 2015; o proxecto ELISA, dende 2016) e 2) dirixir o desenvolvemento de estratexias de intervención para familias, profesorado e nenos con problemas de conduta (e.g., o programa EmPeCemos). Son autora de máis de 100 publicacións sobre personalidade, delincuencia, consumo de drogas na adolescencia e problemas de conduta na nenez. Teño participado en tarefas de avaliación de I+D encargadas por diferentes axencias e por múltiples revistas nos meus ámbitos de investigación (e.g., Journal of Early Adolescence, Prevention Science, Journal of Personality and Social Psychology). Dende 2015 son coordinadora do grupo UNDERISK (GI-1416) da Universidade de Santiago de Compostela.

miguel.perez.pereira@usc.es
ORCID: 0000-0001-8679-6027
researcher ID: C-6027-2011

Intereses científicos: Os meus intereses científicos céntranse no desenvolvemento e na adquisición da linguaxe. Especificamente, no estudo do desenvolvemento psicolóxico e da linguaxe en nenos prematuros e nenos cegos, así como na avaliación do desenvolvemento da linguaxe e os seus trastornos.

Breve recensión curricular: Entre os méritos máis relevantes ao longo da miña carreira destaca o de ser o primeiro presidente do Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia (COPG) (hoxe membro honorario) e membro das primeiras xuntas de goberno do COPG (1980-1987); un dos fundadores e primeiro presidente da Asociación para o Estudo da Adquisición da Linguaxe (AEAL) (2006-2013); vogal do Comité executivo (2002-2008) e Presidente do Nominating Committee (2005) da International Society for the Study of Child Language (IASCL). Durante 13 anos fun redactor asociado de Infancia e Aprendizaxe e actualmente da Revista de Logopedia, Foniatría e Audioloxía. Ademais, son membro do Consello Editorial de diversas revistas (p.ex. First Language). Ao longo da miña carreira colaborei como investigador visitante nas Universidades de Berkeley, Manchester e St. Andrews. Así mesmo, teño formado parte do comité de expertos da Dirección Xeral de Investigación do MICINN na avaliación de proxectos en varias ocasión e, actualmente, son membro da comisión de acreditación D-17 do programa Academia da ANECA. Como parte da miña experiencia investigadora, fun IP de máis de 11 proxectos de investigación de ámbito estatal, 6 autonómicos e 2 contratos de investigación con empresas (ONCE).

luis.fernandez@usc.es
ORCID: 0000-0002-3779-2238

Intereses científicos: Os meus intereses científicos actualmente céntranse na Teoría e práctica da ciencia da prevención, psicoloxía da corrupción, e un enfoque crítico do factor de impacto e a súa mala utilización académica e política.

Breve recensión curricular: Teño participado en diferentes proxectos de investigación sobre a educación para a saúde, a teoría e práctica da prevención e promoción para a saúde, financiados por diferentes organismos e institucións. Teño publicado ou editado 6 libros sobre a temática, así como numerosos artigos de investigación e divulgación sobre prevención.

xa.gomez.fraguela@usc.es
ORCID: 0000-0002-9140-1533

Intereses científicos: Os meus intereses científicos céntranse no campo da prevención dos problemas de conduta con adolescentes, a valoración do risco de conduta antisocial e a avaliación de programas.

Breve recensión curricular: A miña actividade investigadora dou comezo no ano 1995 coa concesión dunha beca FPI, a cal me permitiu obter unha ampla e variada experiencia no campo. Durante estes máis de 20 anos teño participado na publicación de máis de 100 documentos científicos entre libros, capítulos de libros e artigos en revistas científicas. Dentro destes últimos, 47 foron publicados en revistas incluídas no Journal Citation Reports (JCR), presentando estes artigos un total de 467 citas, cunha media de 9,9 citas por artigo e un índice h de 13 no ResearcherID. Os datos en SCOPUS indican que as publicacións incluídas nesta base de datos contan con 526 citas, sendo o índice h de 13 (datos actualizados o 26/04/2019). Como recoñecemento a esta actividade, a Comisión Nacional da Actividade Investigadora (CNEAI) valoroume positivamente tres tramos de actividade investigadora.

paula.villar@usc.es
ORCID: 0000-0001-5476-6720
researcher ID: H-8668-2015

Intereses científicos: Os meus intereses científicos céntranse na etioloxía e factores implicados nos problemas de comportamento, a intervención familiar sobre os problemas de conduta de inicio temperá e a regulación emocional e problemas internalizantes e externalizantes na nenez e adolescencia.

Breve recensión curricular: A miña actividade investigadora veuse recoñecida coa obtención do Premio Extraordinario de Doutoramento no curso académico 2002-2003, así como a valoración positiva da Comisión Nacional da Actividade Investigadora (CNEAI) de dous tramos de actividade investigadora. Ademais, conto con diferentes publicacións en revistas indexadas no Journal Citation Reports, en títulos como: Journal of Research in Personality, European Journal of Personality, Personality and Individual Differences, European Journal of Psychological Assessment, Psichothema, Behavioral Psychology, Substance Use & Misuse, Ethnicity & Health. Así mesmo, realicei unha estadía no Sothwest Interdisciplinary Research Center (SIRC), School of Social Work da Arizona State University, no curso 2007-2008.

zeltia.martinez@usc.es

Intereses científicos: Actualmente a liña de investigación na que estou inmersa ten como obxecto central avaliar a relación entre o apoio social percibido, a autorregulación da aprendizaxe, o axuste psicolóxico e o rendemento académico en estudantes de Educación Secundaria Obrigatoria e Universidade.

Breve recensión curricular: No ano 2010, sendo bolseira en formación da Xunta de Galicia, obtiven o Diploma de Estudos Avanzados e iniciei a miña carreira investigadora no Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. Ese mesmo ano concedéronme a bolsa predoutoral de Formación de Profesorado Universitario (FPU) e no 2016 logrei o título de Doutora en Psicoloxía. Participei como investigadora en formación no proxecto de investigación “La transición a la universidad en el contexto del Espacio Europeo de Educación Superior”, de onde saíu miña tese doutoral e a actual liña de investigación na que estou activamente implicada.

laura.lopez.romero@usc.es
ORCID: 0000-0003-0513-6698
Researcher ID: H-9173-2015

Intereses científicos: A miña liña de investigación céntrase na análise das traxectorias evolutivas dos problemas de conduta en nenos e adolescentes, prestando especial atención aos factores de risco e protección que, a nivel lonxitudinal, poden influír no seu desenvolvemento, co fin ultimo de poder desenvolver e aplicar estratexias de prevención eficaces dende a infancia temperá.

Breve recensión curricular: A miña carreira investigadora comezou no ano 2008, no cal me incorporei ao grupo UDIPRE (actual UNDERISK) como investigadora en formación con unha beca da Xunta de Galicia (2008-2010) e, posteriormente, do programa de Formación de Profesorado Universitario FPU (2010-2014). Tras esta etapa recibín o Premio Extraordinario de Doutoramento en Ciencias Sociais (2015). Durante estes anos participei na publicación de preto de 30 traballos científicos, incluíndo artigos e capítulos de libros (Índice H = 8). Actualmente desenvolvo o meu traballo como investigadora posdoutoral da Xunta de Galicia e realizo a miña investigación en colaboración co Center for Criminological and PsychoSocial research (CAPS) da Universidade de Örebro (Suecia).

olalla.cutrin@usc.es
ORCID: 0000-0001-8605-6694

Intereses científicos: Os meus intereses científicos céntranse no estudo dos problemas de conduta antisocial e delituosa en adolescentes de mostra xeral e de xustiza xuvenil. Especificamente, a miña investigación centrouse en analizar o papel das prácticas educativas parentais e o grupo de amigos antisocial.

Breve recensión curricular: A miña formación predoutoral estivo financiada polo Programa de Axudas á etapa predoutoral da Xunta de Galicia (Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria), baixo o cal realicei unha estadía de investigación internacional no Global Center for Applied Health Research (Arizona State University, EEUU). Actualmente estou realizando unha estancia posdoutoral de dous anos no citado Global Center for Applied Health Research (Downtown Phoenix Campus, Arizona State University, Estados Unidos).

lorena.maneiro@usc.es
ORCID: 0000-0002-2162-8281
Researcher ID: O-8393-2016

Intereses científicos: As liñas de investigación nas que colaboro fundaméntanse no estudo da conduta antisocial adolescente e os diferentes factores de risco e de protección asociados. Todo isto co fin de favorecer a adaptación das ferramentas de valoración do risco e, en consecuencia, a xestión do risco a través do desenvolvemento de estratexias de prevención e intervención efectivas.

Breve recensión curricular: A miña carreira investigadora deu comezo no ano 2013 co da miña etapa predoutoral dentro do grupo UDIPRE (actual UNDERISK). Como parte da miña formación investigadora cabe destacar a obtención dunha beca de investigación financiada pola Deputación de A Coruña, así como a participación en diversos proxectos de investigación e unha estancia predoutoral na Universidade Karl-Franzens de Graz (Austria). Traballei ademais como profesora interina na Facultade de Formación do Profesorado da USC e continúo colaborando activamente en diferentes proxectos de investigación dentro do grupo UNDERISK. Actualmente estou a realizar unha  estadía posdoutoral no grupo Forensic Family and Youth Care Studies, pertencente ao Instituto de Educación e Estudos da infancia da Universidade de Leiden (Países Baixos).

mariana.castro@usc.es

Intereses científicos: Os meus intereses científicos céntranse fundamentalmente no estudo das relacións entre variables familiares e problemas de comportamento infantís. Busco identificar factores de risco potencialmente modificables a través de intervencións preventivas temperás.

Breve recensión curricular: Gradueime en Psicoloxía (2011-2015) e son titulada no Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria (2015-2017) pola Universidade de Santiago de Compostela. Realicei as prácticas externas supervisadas na Unidade de Saúde Mental Infanto-xuvenil do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS) e a Unidade de Condutas Aditivas do Complexo Hospitalario de Ourense (CHUO). Actualmente son beneficiaria dunha Axuda para a Formación de Profesorado Universitario (FPU; Convocatoria 2017) para a realización de estudos dentro de Programa de Doutoramento en Neurociencia e Psicoloxía Clínica da Universidade de Santiago de Compostela.

mariapatricia.navas@usc.es
ORCID: 0000-0003-3759-0860

Intereses científicos: Os meus intereses científicos céntranse no estudo das variables cognitivo-emocionais implicadas na violencia sexual, de poboación adulta e adolescente, cun enfoque de xénero. Todo isto co fin de avanzar no coñecemento dos factores de risco e protección asociados ós diferentes perfís criminolóxicos da violencia sexual na poboación adulta (non) institucionalizada; e desenvolver estratexias de prevención efectivas na adolescencia.

Breve recensión curricular: Tras finalizar o Grao en Psicoloxía na Universidade de Granada (2015) e o Máster Universitario en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, Xurídica-forense e da Intervención Social na Universidade de Santiago de Compostela (2015-2016), completei a miña formación con prácticas externas en diferentes dispositivos de saúde mental e institucións penitenciarias. Actualmente a miña formación predoutoral está financiada polo Programa de Axudas para a Formación de Profesorado Universitario (FPU; Ministerio de Educación, Cultura e Deporte) e participo activamente nas distintas investigacións que se levan a cabo dentro do grupo.

beatrizdominguez.alvarez@usc.es

Intereses científicos: Os meus intereses científicos céntranse no estudo empírico da heteroxeneidade dos problemas de conduta de inicio temperá en relación, fundamentalmente, aos factores individuais (p.ex., temperamento do/a neno/a). En particular, gustaríame profundizar na análise dos mecanismos a través dos cales se relacionan factores de vulnerabilidade específicos e compartidos entre dificultades.

Breve recensión curricular: Son graduada en Psicoloxía (2011-2015) e Titulada-Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria (2015-2017) pola Universidade de Santiago de Compostela. Como parte da miña formación durante estes períodos, realicei prácticas académicas supervisadas en distintos dispositivos, de carácter xeral e especializado, de atención á saúde mental. Actualmente son beneficiaria dunha Axuda para a Formación do Profesorado Universitario (FPU; Ministerio de Educación, Cultura e Deporte; Convocatoria 2016) para a realización de estudos de doutoramento dentro do Programa de Neurociencia e Psicoloxía Clínica da Universidade de Santiago de Compostela.

Colaboradores externos

Andershed, Henrik (Universidade de Örebro, Suecia)

Anoeta Rodríguez, Eduardo (Grupo de Tráfico e Seguridade-COP Galicia)

Alonso Vilar, Cristina (Institut d’Assistència Sanitaria, Girona)

Argudo Palacios, Aarón (Fundación Dignidade)

Beyebach, Mark (Universidad Pública de Navarra)

Carou López, María (UMAD Santiago de Compostela)

Casal Devesa, Pilar (Grupo de Tráfico e Seguridade-COP Galicia)

Colins, Olivier (Universidade de Gante, Bélxica)

Domínguez Cameán, Rosa (Grupo de Tráfico e Seguridade-COP Galicia)

Fernández Fernández, Mª del Pilar (Universidade da Coruña)

Gómez Taibo, Luisa (Universidade da Coruña)

González López, Mónica (Concellería de Sanidade – Concellos de Cuntis e Moraña)

González Iglesias, Beatriz (Gabinete psicolóxico La Mariposa Azul)

Guarini, Annalisa (Universitá di Bolonia, Italia)

Mariño Barca, María (Grupo de Tráfico e Seguridade-COP Galicia)

Muiño Gómez, Eva (Grupo de Tráfico e Seguridade-COP Galicia)

Peralbo Uzquiano, Manuel (Universidade da Coruña)

Resches, Mariela (CONICET, Arxentina)

Robles Pacho, Zaida (Fundación Meniños)

Sánchez Peteiro, María Jesús (Grupo de Tráfico e Seguridade-COP Galicia)

Sansavini, Alessandra (Universitá di Bolonia, Italia)

Se quere contactar con nos preme na seguinte ligazón: