Novas

Participación de UNDERISK no 5º Congreso Internacional de Psicoloxía Clínica e da Saúde de nenos e adolescentes

O grupo UNDERISK participou na quinta edición do International Congress of Clinical and Health Psychology on Children and Adolescents, que se celebrou en Oviedo entre o 14 e o 16 de novembro, e no que se reuniron especialistas na investigación, a prevención e o tratamento dos problemas infanto-xuveniles para presentar, compartir e discutir os avances más importantes nestes campos de traballo.

UNDERISK participou configurando un simposio monográfico, con catro presentacións sobre o carácter heteroxéneo dos problemas de conduta na nenez. Ademais, o grupo presentou dous traballos en forma de póster nos que se presentaron resultados procedentes do estudo ELISA en torno ao desenvolvemento dos problemas emocionais e de conduta desde a idade preescolar. No congreso tamén se presentou o último número da Revista de Psicología Clínica con Niños y Adolescentes; este número dedícase á prevención en saúde mental infanto-xuvenil, e UNDERISK participa nel co artigo “Prevención indicada de los problemas de conducta: Entrenamiento de habilidades socioemocionales en el contexto escolar”, que describe a experiencia do programa EmPeCemos para a promoción do desenvolvemento social en nenos con problemas de conduta temperán.

Subscríbete ao Blog de Elisa

Se quere contactar con nos preme na seguinte ligazón: