Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Noticias

Participación de UNDERISK no 11th congreso de AITANA (Malaga)

Varias investigadoras do grupo UNDERISK participaron no 11th International Congress of Clinical and Health Psychology in Children and Adolescents, celebrado en Málaga entre o 19 e o 22 de novembro, onde presentaron diversos traballos vinculados ao Estudo Lonxitudinal ELISA e ao proxecto ELISA Socioemocional. Durante o congreso, presentouse o estudo titulado “Does aggressive behavior modulate children’s psychophysiological reactivity to distinct emotional stimuli?”, que acadou a condición de finalista na categoría “Jóvenes Investigadores”. O traballo foi defendido na fase final por María Álvarez Voces, quen expuxo as principais achegas da investigación sobre a reactividade psicofisiolóxica infantil ante distintos estímulos emocionais e o papel modulador da conduta agresiva. Ademais, Carmen Sánchez Vázquez resultou gañadora do I Premio ao Mellor Traballo Fin de Máster en Psicoloxía Clínica Infanto-Xuvenil, convocado pola Sociedade Española de Psicología Clínica Infanto-Juvenil (SEPCIJ). O seu TFM, titulado “Implicaciones del procesamiento emocional en el desarrollo de problemas de conducta”, foi recoñecido pola súa contribución ao coñecemento do impacto do procesamento emocional, nun modelo de mediación múltiple, na aparición e evolución de dificultades conductuais durante a infancia.

Ambas investigacións forman parte dun esforzo conxunto por comprender mellor os factores socioemocionais asociados ao desenvolvemento infantil e xuvenil, fortalecendo así a produción científica do grupo UNDERISK e a súa presenza en foros internacionais de referencia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp