Novas

O proxecto ARASAC foi presentado nas Xornadas Galegas de Psicoloxía Educativa

A Dr. Carolina Tinajero Vacas, membro do grupo de investigación UNDERISK participou no simposio “Escoitando as emocións na toma de decisión” presentado nas I Xornadas Galegas de Psicoloxía Educativa, celebradas en Santiago de Compostela, entre os días 30 de setembro e o 1 de outubro. Profundou no papel da rede de relacións interpersoais dos individuos na conformación de intereses, a toma de decisións e a implicación na carreira académico-profesional. En particular, centrouse na importancia que ten o apoio social percibido da familia, do profesorado e dos iguais á hora de conformar o perfil motivacional e vocacional (autoeficacia, adaptabilidade, exploración e seguridade decisional) dos adolescentes. Ademais presentou o proxecto de investigación que dirixe sobre a interrelacións entre estas dimensións, que leva por título “Factores asociados ao axuste académico en adolescentes: o papel do apoio social percibido e a autorregulación da aprendizaxe” (ARASAC). Recentemente foille concedida subvención no marco do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica y de Innovación 2021-2023 (Ref. PID2021-126981OB-I00, financiado por MCIN/ AEI /10.13039/501100011033/ e por FEDER Unha maneira de facer Europa)

As I Xornadas Galegas de Psicoloxía Educativa foron organizadas polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e contaron coa participación de diferentes profesionais do ámbito da psicoloxía educativa, a orientación, a psicoloxía xeral sanitaria, entre outros, que incidiron na relevancia da Psicoloxía Educativa para o desenvolvemento saudable ao longo de todo o ciclo vital.

Subscríbete ao Blog de Elisa

Se quere contactar con nos preme na seguinte ligazón: