Novas

O programa EmPeCemos estivo presente no seminario sobre Prevención de calidad-Calidad de prevención celebrado en Madrid

Xosé Antón Gómez Fraguela participou esta semana nun seminario celebrado na sede da Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas titulado Prevención de calidad-Calidad de prevención. O seminario foi organizado pola Asociación de Técnicos para el Desarrollo Social (ADES). A súa intervención tivo lugar nunha mesa sobre a evidencia e experiencias en prevención selectiva e nela se presentaron os principais resultados obtidos polo programa EmPeCemos durante os últimos 15 anos de investigación do grupo. Tamén se apuntaron os retos do futuro e as liñas a seguir por UNDERISK nos seus esforzos por incrementar o impacto social do programa e potenciar a súa implantación.

Ver en YouTube



Se quere contactar con nos preme na seguinte ligazón: