Novas

O ELISA remata o curso con resultados positivos despois de tres anos de estudo

O proxecto ELISA é un estudo pioneiro no noso contexto que comezou a súa andaina no ano 2016 grazas á colaboración de preto de 2500 familias de nenos e nenas en idade preescolar. Hoxe en día o estudo conta coa participación de máis de 2700 familias e preto de 80 centros educativos de toda a comunidade galega. Tras tres anos de estudo e dous seguimentos anuais, os resultados obtidos evidencian un desenvolvemento positivo normal na meirande parte dos nenos e nenas que participaron no estudo.

É dicir, segundo a información proporcionada tanto polas familias como polo profesorado, a maioría dos nenos e nenas parecen amosar un bo axuste condutual e emocional ao longo deste período do desenvolvemento. O estudo das diferentes traxectorias e dos factores implicados será posible grazas á colaboración das familias, profesorado e centros educativos implicados no proxecto ELISA.

Proxecto ELISA

Facebook

Subscríbete ao Blog de Elisa

Se quere contactar con nos preme na seguinte ligazón: