Novas

Novo proxecto centrado na aprendizaxe socioemocional no primeiro ciclo de Educación Primaria

m

O grupo UNDERISK da continuidade a súa liña de investigación centrada na promoción do desenvolvemento e o benestar na infancia coa realización dun novo proxecto financiado polo Ministerio de Sanidade. O novo proxecto vai dirixido a estudantes dos primeiros anos de escolarización obrigatoria e o seu principal obxectivo é elaborar un programa de prevención universal centrado no desenvolvemento das habilidades socioemocionais en estudantes do primeiro ciclo de Educación Primaria e avaliar o seu impacto.

Dentro desta liña de investigación están colaborando tres alumnas do Master en Psicoloxía Xeral Sanitaria que, a modo de estudo piloto, teñen orientado os seus Traballos Fin de Mestrado á realización dun estudo composto por dúas partes: por un lado, pretenden analizar os procedementos que se seguen para a ensinanza das competencias socioemocionais na aula (p.e., aspectos relacionados  coa ensinanza de recursos para a xestión das propias emocións, fomentar a conciencia social nos nenos/as, ensinar habilidades para mellorar as interacccións sociais, etc.) e, por outro lado, pretenden adaptar o instrumento de avaliación desas habilidades socioemocionais, ademais de analizar a relación que estas habilidades teñen sobre a adaptación escolar e social dos nenos/as e sobre a prevención da aparición de problemas emocionais e cundutuais.

Para a posta en marcha destes traballos as alumnas solicitan a colaboración de profesores, nais e pais dos nenos/as que se atopen no último curso de Educación Infantil ou no primeiro ciclo de Educación Primaria para cubrir un pequeno cuestionario. Desde o grupo de investigación apoiamos esta iniciativa e animamos a todo o profesorado destes niveis educativos a colaborar no estudo repondendo ao cuestionario colgado no seguinte enlace: https://underisk.gal/t/underisk/es/test/8he9JtkK

Subscríbete ao Blog de Elisa

Se quere contactar con nos preme na seguinte ligazón: