Novas

Novo artigo sobre a Triada Oscura e a Desconexión Moral

O estudo “ Contributions of the dark triad to moral disengagement among incarcerated and community adults” acaba de ser publicado na revista científica Legal and Criminological Psychology editada pola British Psychological Society, un das sociedades de Psicoloxía máis prestixiosas a nivel internacional e que promove a excelencia na ciencia psicolóxica. O citado estudo, levado a cabo por membros do grupo de investigación UNDERISK, ten como obxectivo principal: a)  replicar a estrutura factorial da versión española da escala Dirty Dozen Dark Triad (validada e traducida ao español por membros deste grupo de investigación) nunha mostra de poboación penal, e b) coñecer que diferenzas individuais das avaliadas nesta escala están asociadas ao uso de distorsións cognitivas en poboación adulta comunitaria e penal.

Para iso, contouse cunha mostra total de 320 participantes, composta por 160 homes procedentes de centros penais de Galicia e Castela-A Mancha, e 160 homes procedentes da comunidade. En liñas xerais, os resultados apoiaron a estrutura bifactorial da escala en poboación penal para avaliar estes tres trazos de personalidade vinculados á malevolencia e á predisposición para cometer actos delituosos, a saber: maquiavelismo, psicopatía e narcisismo. Así mesmo, para comprender mellor os comportamentos delituosos asociados coa tríada escura da personalidade (TO) e a súa tendencia para maximizar o beneficio dun a través da explotación doutros, tamén se consideraron os procesos cognitivos involucrados na exoneración, a racionalización, xustificación e mantemento de tales comportamentos en ambas as mostras. Os resultados mostraron que aquelas estratexias de desconexión moral (DM) encargadas de reconstruír o delito como un acto loable foron asociadas ao trazo de maquiavelismo, as estratexias de DM que deshumanizan á vítima do delito foron asociadas coa psicopatía, e aquelas estratexias de DM dirixidas a desprazar o rol axente do perpetrador sobre terceiros ou sobre a vítima foron asociadas co narcisismo. En resumo, os trazos de personalidade implicadas na TO vense amplificados a través do fallo inhibitorio que facilita a DM. Por iso, cando ocorre un efecto interactivo entre a TO e a DM, o potencial delituoso dun individuo aumenta significativamente.

Estes resultados teñen implicacións relevantes para a avaliación e o cribado destes trazos de personalidade no ámbito forense, e resaltan a importancia de enfocar as intervencións nas estratexias cognitivas que xera a DM en contextos penais, especialmente en adultos encadeados que presentan niveis altos deste perfil de TO. Estes mecanismos cognitivos presentan maior ductilidade para afrontar eventuais cambios dentro das estratexias de rehabilitación, polo menos en comparación coas característivas de personalidade aquí considerados.

Subscríbete ao Blog de Elisa

Se quere contactar con nos preme na seguinte ligazón: