Membros do grupo Underisk participan no 19th Conference on Developmental Psychology celebrado en Atenas

Membros do grupo Underisk participaron no 19th Conference on Developmental Psychology celebrado en Atenas entre o 29 de Agosto e o 1 de Setembro de 2019 dentro do symposium Cognitive trajectories in low and high-risk preterm populations from infancy to adulthood. A presentación de Miguel Pérez Pereira, Pilar Fernández, Maria Luisa Gómez Taibo e Zeltia Martínez versou sobre Cognitive development of low risk preterm children: A longitudinal study from 22 to 60 months of age. O estudo forma parte da investigación lonxitudinal sobre nenos prematuros do Proxecto Prematuros. Na foto aparecen por orde Annalisa Guarini, Robert Eves, Anneloes Van Vaar, Alessandra Sansavini e Miguel Pérez Pereira. As investigadoras Alessandra Sansavini e Annalisa Guarini colaboran co grupo Underisk no proxecto vixente sobre prematuros.
Lorena Maneiro, Zeltia Martínez e Miguel Pérez Pereira tamén presentaron a comunicación Relaciones longitudinales entre habilidades de lectura, conciencia fonológica, habilidades del lenguaje y funciones ejecutivas: comparación de niños prematuros de bajo riesgo y nacidos a término no 9º Congreso de Adquisición del Lenguaje AEAL celebrado en Madrid do 4 ao 6 se Setembro de 2019.