Novas

Membros do grupo Underisk expoñen a necesidade dunha avaliación do risco precisa no sistema de menores

O grupo Underisk visibilizou a necesidade de mellora dos procedementos de valoración do risco no sistema de menores nun simposio presentado na conferencia anual da Asociación Europea de Psicoloxía e Ley, levada acabo en Santiago de Compostela entre os días 17 e 20 de xullo. Ademais da presentación da última versión do protocolo de Valoración do Risco en Adolescentes Infractores (VRAI), afondouse na importancia da avaliación dos diferentes perfís de risco presentes nos e nas adolescentes do sistema de xustiza xuvenil e de protección á infancia.

O simposio contou ademais coa participación de diferentes profesionais do ámbito da xustiza xuvenil de Galicia e das Illas Baleares, que expuxeron unha visión preventiva da intervención con menores infractores en cumprimento de medidas en medio aberto e prestacións en beneficio da comunidade, ademais de profundizar nas diferentes tipoloxías delitivas como o quebrantamento de medida.

Valoración do risco de condutas antisociais na adolescencia

Subscríbete ao Blog de Elisa

Se quere contactar con nos preme na seguinte ligazón: