Mantente REAL

O consumo de drogas nos adolescentes é un dos problemas que máis preocupa á sociedade actual. En España, varias estratexias están a ser realizadas a nivel de intervención para intentar reducir o consumo existente entre os mozos, especialmente o consumo de alcol e cannabis, que ano tras ano comeza a idades máis novas. Baixo esta premisa, o grupo UNDERISK levou a cabo un estudo piloto do programa de prevención do consumo de drogas Mantente REAL en Galicia, programa que foi elaborado e avaliado previamente pola Universidade de Arizona (Estados Unidos) en diferentes países.

Mantente REAL é un programa para evitar o uso de drogas e outros comportamentos problemáticos na adolescencia que se centran no desenvolvemento das habilidades persoais e sociais. Ao participar, os estudantes adquiren habilidades concretas de resistencia á presión social para consumir drogas ou participar noutros comportamentos antisociais. O obxectivo principal do programa é ensinar aos estudantes a dicir NON a ofertas de substancias como o alcohol, o tabaco e outras drogas dun xeito práctico e sinxelo, utilizando estratexias representadas polo acrónimo REAL: Rexeitar, Explicar, Afastarse-Non ir, e Levantarse-Irse.

Na páxina web do Global Center for Applied Health Research da Universidade de Arizona (ASU) pode consultarse toda a información sobre o Mantente REAL e as súas adaptacións aos diferentes contextos culturais.

https://globalappliedhealth.asu.edu/

Subscríbete ao Blog de Elisa

Se quere contactar con nos preme na seguinte ligazón: