Mariana Aimé Castro Isdahl-Troye
IFP
mariana.castro@usc.es
Intereses científicos: Os meus intereses científicos céntranse fundamentalmente no estudo das relacións entre variables familiares e problemas de comportamento infantís. Busco identificar factores de risco potencialmente modificables a través de intervencións preventivas temperás.
Breve recensión curricular: Gradueime en Psicoloxía (2011-2015) e son titulada no Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria (2015-2017) pola Universidade de Santiago de Compostela. Realicei as prácticas externas supervisadas na Unidade de Saúde Mental Infanto-xuvenil do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS) e a Unidade de Condutas Aditivas do Complexo Hospitalario de Ourense (CHUO). Actualmente son beneficiaria dunha Axuda para a Formación de Profesorado Universitario (FPU; Convocatoria 2017) para a realización de estudos dentro de Programa de Doutoramento en Neurociencia e Psicoloxía Clínica da Universidade de Santiago de Compostela.
mariapatricia.navas@usc.es
ORCID: 0000-0003-3759-0860
Intereses científicos: Os meus intereses científicos céntranse no estudo das variables cognitivo-emocionais implicadas na violencia sexual, de poboación adulta e adolescente, cun enfoque de xénero. Todo isto co fin de avanzar no coñecemento dos factores de risco e protección asociados ós diferentes perfís criminolóxicos da violencia sexual na poboación adulta (non) institucionalizada; e desenvolver estratexias de prevención efectivas na adolescencia.
Breve recensión curricular: Tras finalizar o Grao en Psicoloxía na Universidade de Granada (2015) e o Máster Universitario en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, Xurídica-forense e da Intervención Social na Universidade de Santiago de Compostela (2015-2016), completei a miña formación con prácticas externas en diferentes dispositivos de saúde mental e institucións penitenciarias. Actualmente a miña formación predoutoral está financiada polo Programa de Axudas para a Formación de Profesorado Universitario (FPU; Ministerio de Educación, Cultura e Deporte) e participo activamente nas distintas investigacións que se levan a cabo dentro do grupo.
beatrizdominguez.alvarez@usc.es
Intereses científicos: Os meus intereses científicos céntranse no estudo empírico da heteroxeneidade dos problemas de conduta de inicio temperá en relación, fundamentalmente, aos factores individuais (p.ex., temperamento do/a neno/a). En particular, gustaríame profundizar na análise dos mecanismos a través dos cales se relacionan factores de vulnerabilidade específicos e compartidos entre dificultades.
Breve recensión curricular: Son graduada en Psicoloxía (2011-2015) e Titulada-Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria (2015-2017) pola Universidade de Santiago de Compostela. Como parte da miña formación durante estes períodos, realicei prácticas académicas supervisadas en distintos dispositivos, de carácter xeral e especializado, de atención á saúde mental. Actualmente son beneficiaria dunha Axuda para a Formación do Profesorado Universitario (FPU; Ministerio de Educación, Cultura e Deporte; Convocatoria 2016) para a realización de estudos de doutoramento dentro do Programa de Neurociencia e Psicoloxía Clínica da Universidade de Santiago de Compostela.
evavillar.garcia@usc.es
Intereses científicos: Os meus intereses científicos céntranse no estudo da autorregulación da aprendizaxe en estudantes de educación secundaria e ensino superior, así como na súa relación con distintas provisións de apoio social dende diferentes fontes. En particular, procuro profundizar na análise da autorregulación motivacional e dos seus correlatos sociais e académicos.
Breve recensión curricular: Son graduada en Psicoloxía (2014-2018) e Titulada-Máster en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas: Especialidade Orientación Educativa. Como parte da miña formación durante estes períodos, realicei prácticas académicas supervisadas en distintos centros relacionados coa Psicoloxía Educativa e fun bolseira de colaboración durante o curso académico 2017-18. Actualmente, son beneficiaria dunha Axuda de apoio á etapa predoutoral da Xunta de Galicia para a realización de estudos de doutoramento no programa de Desenvolvemento Psicolóxico, Aprendizaxe e Saúde da Universidade de Santiago de Compostela.
nerea.llerena.gonzalez@usc.es
ORCID: 0000-0001-5953-9447
Intereses científicos: Os meus intereses científicos céntranse no estudo da Regulación Emocional como variable transdiagnóstica no desenvolvemento da psicopatoloxía internalizante e externalizante durante a nenez.
Breve recensión curricular: Son graduada en Psicoloxía (2012-2016) e Titulada-Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria (2018-2020), ambos pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). A miña carreira investigadora comezou no ano 2020 na USC a través dun contracto como Técnica Superior de Apoio á investigación en UNDERISK. Desde entón participo na xestión do Proxecto ELISA (Estudo Lonxitudinal para unha Infancia Saudable) como Investigadora Colaboradora. Á vez iniciei os meus estudos predoctorais dentro do Programa de Neurociencias e Psicoloxía Clínica da USC. Ademais, conto con experiencia no ámbito da psicoloxía clínica aplicada a través de prácticas externas supervisadas realizadas na Unidade de Psiquiatría do Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP), así como de Psicóloga no Centro de Rehabilitación Psicosocial Lar Pro Salud Mental (Vilagarcía de Arousa). No ano 2017 fun beneficiaria dunha beca da Xunta de Galicia que me permitiu colaborar con Recovery Cymru (Gales), asociación de apoio a persoas con adicións.
beatrizdiaz.vazquez@usc.es
ORCID: 0000-0003-3605-5575
Intereses científicos: Os meus intereses científicos céntranse na prevención dos problemas de conducta en poboación infanto-xuvenil mediante a identificación e a abordaxe dos factores e das variables específicas dos distintos grupos de risco a idades temperás.
Máis en concreto, actualmente a miña liña de investigación aborda a relación entre os rasgos psicopáticos e o recoñecemento emocional a idades temperás e o papel deste recoñecemento á hora de determinar un bo axuste psicoemocional, condutual e sociocomunitario.
Breve recensión curricular: Graduada en Psicoloxía (2016) e en Criminoloxía (2019) pola Universidade de Santiago de Compostela, completei a miña formación co Máster en Psicoloxía Xurídica e Forense na Universidade de Granada (2018) e co Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria na Universidade de Santiago de Compostela (2022). A nivel práctico, adquirín competencias no eido profesional sendo membro dun Equipo Nacional da Secretaría de Estado de Seguridade (Ministerio do Interior) para a revisión de casos de homicidio de mulleres no contexto da relación de parella (2017-2019) e a través de prácticas externas en dispositivos de saúde mental (USM Conxo).
A miña faceta investigadora comezou no ano 2021 ao amparo dunha beca do banco Santander de iniciación á investigación para alumnos de Máster. Actualmente, a miña formación predoutoral desenvólvese a través da financiación dunha beca predoutoral do banco Santander.
mariaalvarez.voces@usc.es
ORCID: 0000-0003-0675-5538
Intereses científicos: Os meus intereses científicos céntranse no estudo dos Problemas de Comportamento Disruptivo [PCD] desde unha perspectiva de xénero. Os meus obxectivos son estudar as manifestacións, perfís e traxectorias destas problemáticas nas nenas para coñecer as particularidades que pode implicar a súa prevención, identificación e intervención.
Breve recensión curricular: Son licenciada en Psicoloxía (2016-2020) e titulada no Máster en Psicoloxía do Traballo e das Organizacións e Psicoloxía Xurídico-Forense (2020-2021) pola Universidade de Santiago de Compostela. Como parte da miña formación durante estes anos, realicei prácticas académicas tuteladas en diferentes centros relacionados co ámbito da saúde mental e a psicoloxía do traballo e das organizacións e fun bolseira de colaboración durante o curso 2020-2021. Actualmente estou realizando unha tese de doutoramento dentro do Programa de Neurociencia e Psicoloxía Clínica da Universidade de Santiago de Compostela financiada pola Axuda á Formación do Profesorado Universitario (FPU; Convocatoria 2021).
sarapineiro.dosil@usc.es
ORCID: 0000-0002-0563-1499
Intereses científicos: Os meus intereses científicos céntranse nunha liña de investigación que ten como obxectivo principal desenvolver e avaliar un programa de prevención universal enfocado no desenvolvemento das habilidades socioemocionais en estudantes de Educación Primaria.
Breve recensión curricular: Son graduada en Psicoloxía (2015-2019) e titulada no Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria (2019-2021) pola Universidade de Santiago de Compostela. Completei a miña formación académica con prácticas externas supervisadas na Unidade de Asistencia a Drogodependencias (UAD) de Ribeira e na Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencias tipo Alzhéimer (AGADEA). Actualmente son beneficiaria dunha Axuda de apoio á etapa predoutoral da Xunta de Galicia para a realización de estudos de doutoramento no programa de Neurociencia e Psicoloxía Clínica da Universidade de Santiago de Compostela.
Andershed, Henrik (Universidade de Örebro, Suecia)
Almeida, Leandro (Universidade de Minho, Portugal)
Alonso Vilar, Cristina (Institut d’Assistència Sanitaria, Girona)
Argudo Palacios, Aarón (Alume Saúde Mental)
Beyebach, Mark (Universidad Pública de Navarra)
Carou López, María (UMAD Santiago de Compostela)
Casal Devesa, Pilar (Grupo de Tráfico e Seguridade-COP Galicia)
Colins, Olivier (Universidade de Gante, Bélxica)
Domínguez Cameán, Rosa (Grupo de Tráfico e Seguridade-COP Galicia)
Fernández Fernández, Mª del Pilar (Universidade da Coruña)
Gómez Taibo, Luisa (Universidade da Coruña)
González López, Mónica (Concellería de Sanidade – Concellos de Cuntis e Moraña)
González Iglesias, Beatriz (Gabinete psicolóxico La Mariposa Azul)
Guarini, Annalisa (Universitá di Bolonia, Italia)
Mariño Barca, María (Grupo de Tráfico e Seguridade-COP Galicia)
Moran, Valeria (Universidade de Mendoza, Argentina)
Muiño Gómez, Eva (Grupo de Tráfico e Seguridade-COP Galicia)
Peralbo Uzquiano, Manuel (Universidade da Coruña)
Resches, Mariela (CONICET, Arxentina)
Robles Pacho, Zaida (Fundación Meniños)
Sánchez Peteiro, María Jesús (Grupo de Tráfico e Seguridade-COP Galicia)
Sansavini, Alessandra (Universitá di Bolonia, Italia)
Este sitio web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia mentres navega polo sitio web. Ademais destas cookies, as cookies clasificadas como necesarias almacénanse no seu navegador xa que son tan esenciais para o funcionamento da funcionalidade básica do sitio web. Tamén usamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como empregas este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén tes a opción de desactivar estas cookies. Pero optar por algunha destas cookies pode ter un efecto na súa experiencia de navegación.
Este sitio web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia mentres navega polo sitio web. Ademais destas cookies, as cookies clasificadas como necesarias almacénanse no seu navegador xa que son tan esenciais para o funcionamento da funcionalidade básica do sitio web. Tamén usamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como empregas este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén tes a opción de desactivar estas cookies. Pero optar por algunha destas cookies pode ter un efecto na súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría inclúe só cookies que garanten a funcionalidade básica e as funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan información persoal.