Estrella Romero Triñanes
Coordinadora do grupo
estrella.romero@usc.es
ORCID: 0000-0002-9239-2544
researcher ID: C-6079-2011
Intereses científicos: Os meus intereses científicos céntranse no estudo da conduta antisocial (clasificación, desenvolvemento, factores implicados) con especial atención ás variables de temperamento e personalidade. Así mesmo, estou interesada na proposta de estratexias de intervención viables e eficaces para a prevención dos problemas de conduta na nenez e a adolescencia.
Breve recensión curricular: Estiven implicada en múltiples proxectos financiados (5 como IP) que me permitiron: 1) abordar os problemas de conduta dende un punto de vista lonxitudinal (e.g., o estudo UDIPRE, entre 2002 e 2015; o proxecto ELISA, dende 2016) e 2) dirixir o desenvolvemento de estratexias de intervención para familias, profesorado e nenos con problemas de conduta (e.g., o programa EmPeCemos). Son autora de máis de 100 publicacións sobre personalidade, delincuencia, consumo de drogas na adolescencia e problemas de conduta na nenez. Teño participado en tarefas de avaliación de I+D encargadas por diferentes axencias e por múltiples revistas nos meus ámbitos de investigación (e.g., Journal of Early Adolescence, Prevention Science, Journal of Personality and Social Psychology). Dende 2015 son coordinadora do grupo UNDERISK (GI-1416) da Universidade de Santiago de Compostela.
miguel.perez.pereira@usc.es
ORCID: 0000-0001-8679-6027
researcher ID: C-6027-2011
Intereses científicos: Os meus intereses científicos céntranse no desenvolvemento e na adquisición da linguaxe. Especificamente, no estudo do desenvolvemento psicolóxico e da linguaxe en nenos prematuros e nenos cegos, así como na avaliación do desenvolvemento da linguaxe e os seus trastornos.
Breve recensión curricular: Entre os méritos máis relevantes ao longo da miña carreira destaca o de ser o primeiro presidente do Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia (COPG) (hoxe membro honorario) e membro das primeiras xuntas de goberno do COPG (1980-1987); un dos fundadores e primeiro presidente da Asociación para o Estudo da Adquisición da Linguaxe (AEAL) (2006-2013); vogal do Comité executivo (2002-2008) e Presidente do Nominating Committee (2005) da International Society for the Study of Child Language (IASCL). Durante 13 anos fun redactor asociado de Infancia e Aprendizaxe e actualmente da Revista de Logopedia, Foniatría e Audioloxía. Ademais, son membro do Consello Editorial de diversas revistas (p.ex. First Language). Ao longo da miña carreira colaborei como investigador visitante nas Universidades de Berkeley, Manchester e St. Andrews. Así mesmo, teño formado parte do comité de expertos da Dirección Xeral de Investigación do MICINN na avaliación de proxectos en varias ocasión e, actualmente, son membro da comisión de acreditación D-17 do programa Academia da ANECA. Como parte da miña experiencia investigadora, fun IP de máis de 11 proxectos de investigación de ámbito estatal, 6 autonómicos e 2 contratos de investigación con empresas (ONCE).
xa.gomez.fraguela@usc.es
ORCID: 0000-0002-9140-1533
Intereses científicos: Os meus intereses científicos céntranse no campo da prevención dos problemas de conduta con adolescentes, a valoración do risco de conduta antisocial e a avaliación de programas.
Breve recensión curricular: A miña actividade investigadora dou comezo no ano 1995 coa concesión dunha beca FPI, a cal me permitiu obter unha ampla e variada experiencia no campo. Durante estes máis de 20 anos teño participado na publicación de máis de 100 documentos científicos entre libros, capítulos de libros e artigos en revistas científicas. Dentro destes últimos, 47 foron publicados en revistas incluídas no Journal Citation Reports (JCR), presentando estes artigos un total de 467 citas, cunha media de 9,9 citas por artigo e un índice h de 13 no ResearcherID. Os datos en SCOPUS indican que as publicacións incluídas nesta base de datos contan con 526 citas, sendo o índice h de 13 (datos actualizados o 26/04/2019). Como recoñecemento a esta actividade, a Comisión Nacional da Actividade Investigadora (CNEAI) valoroume positivamente tres tramos de actividade investigadora.
paula.villar@usc.es
ORCID: 0000-0001-5476-6720
researcher ID: H-8668-2015
Intereses científicos: Os meus intereses científicos céntranse na etioloxía e factores implicados nos problemas de comportamento, a intervención familiar sobre os problemas de conduta de inicio temperá e a regulación emocional e problemas internalizantes e externalizantes na nenez e adolescencia.
Breve recensión curricular: A miña actividade investigadora veuse recoñecida coa obtención do Premio Extraordinario de Doutoramento no curso académico 2002-2003, así como a valoración positiva da Comisión Nacional da Actividade Investigadora (CNEAI) de dous tramos de actividade investigadora. Ademais, conto con diferentes publicacións en revistas indexadas no Journal Citation Reports, en títulos como: Journal of Research in Personality, European Journal of Personality, Personality and Individual Differences, European Journal of Psychological Assessment, Psichothema, Behavioral Psychology, Substance Use & Misuse, Ethnicity & Health. Así mesmo, realicei unha estadía no Sothwest Interdisciplinary Research Center (SIRC), School of Social Work da Arizona State University, no curso 2007-2008.
carolina.tinajero@usc.es
Intereses científicos: A miña actividade investigadora centrouse inicialmente nos estilos cognitivos, a súa conexión coa estrutura normativa familiar e a súa repercusión no procesamento de información, a aprendizaxe e o rendemento escolar. Posteriormente, integreime nunha liña dedicada ao apoio social percibido de diversas fontes (pais, iguais…) e a súa incidencia no axuste social, académico, emocional e institucional, en etapas de transición. Unha terceira liña, á que veño dedicando a miña actividade investigadora máis recente, está centrada nas interconexións entre o apoio social percibido, a aprendizaxe autorregulada e o axuste e éxito académicos.
Breve recensión curricular: Desenvolvín unha actividade continuada de investigación, que foi apoiada por subvencións obtidas en convocatorias competitivas. Os resultados desta actividade foron divulgados a través de publicacións, na súa maioría en revistas indexadas na WOS, e contribucións a congresos, fundamentalmente de carácter internacional. Tamén avaliei proxectos de investigación para a ANEP, a UAM e a ACUCyL, revisei artigos, a pedimento de múltiples revistas indexadas e son mentora para o proceso de revisión en Publons. Intervín na adaptación de varios instrumentos de avaliación do apoio social percibido e o axuste á contorna académica. Doutra banda, participei activamente en tarefas de xestión universitaria; en particular, ocupei os cargos de vicedecana e decana. Tamén desempeñei as funcións de Responsable de Calidade da Facultade de Psicoloxía e Coordinadora do Máster en Psicoloxía Educativa da USC. Ademais, contribuín á fundación do Museo Galego de Psicoloxía e continúo apoiando o mantemento da súa colección e a súa visibilidade.
zeltia.martinez@usc.es
Intereses científicos: Actualmente a liña de investigación na que estou inmersa ten como obxecto central avaliar a relación entre o apoio social percibido, a autorregulación da aprendizaxe, o axuste psicolóxico e o rendemento académico en estudantes de Educación Secundaria Obrigatoria e Universidade.
Breve recensión curricular: No ano 2010, sendo bolseira en formación da Xunta de Galicia, obtiven o Diploma de Estudos Avanzados e iniciei a miña carreira investigadora no Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. Ese mesmo ano concedéronme a bolsa predoutoral de Formación de Profesorado Universitario (FPU) e no 2016 logrei o título de Doutora en Psicoloxía. Participei como investigadora en formación no proxecto de investigación “La transición a la universidad en el contexto del Espacio Europeo de Educación Superior”, de onde saíu miña tese doutoral e a actual liña de investigación na que estou activamente implicada.
laura.lopez.romero@usc.es
ORCID: 0000-0003-0513-6698
Researcher ID: H-9173-2015
Intereses científicos: A miña liña de investigación céntrase na análise das traxectorias evolutivas dos problemas de conduta en nenos e adolescentes, prestando especial atención aos factores de risco e protección que, a nivel lonxitudinal, poden influír no seu desenvolvemento, co fin ultimo de poder desenvolver e aplicar estratexias de prevención eficaces dende a infancia temperá.
Breve recensión curricular: A miña carreira investigadora comezou no ano 2008, no cal me incorporei ao grupo UDIPRE (actual UNDERISK) como investigadora en formación con unha beca da Xunta de Galicia (2008-2010) e, posteriormente, do programa de Formación de Profesorado Universitario FPU (2010-2014). Tras esta etapa recibín o Premio Extraordinario de Doutoramento en Ciencias Sociais (2015). Durante estes anos participei na publicación de preto de 30 traballos científicos, incluíndo artigos e capítulos de libros (Índice H = 8). Actualmente desenvolvo o meu traballo como investigadora posdoutoral da Xunta de Galicia e realizo a miña investigación en colaboración co Center for Criminological and PsychoSocial research (CAPS) da Universidade de Örebro (Suecia).
olalla.cutrin@usc.es
ORCID: 0000-0001-8605-6694
Intereses científicos: Os meus intereses científicos céntranse no estudo dos problemas de conduta antisocial e delituosa en adolescentes de mostra xeral e de xustiza xuvenil. Especificamente, a miña investigación centrouse en analizar o papel das prácticas educativas parentais e o grupo de amigos antisocial.
Breve recensión curricular: A miña formación predoutoral estivo financiada polo Programa de Axudas á etapa predoutoral da Xunta de Galicia (Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria), baixo o cal realicei unha estadía de investigación internacional no Global Center for Applied Health Research (Arizona State University, EEUU). Actualmente estou realizando unha estancia posdoutoral de dous anos no citado Global Center for Applied Health Research (Downtown Phoenix Campus, Arizona State University, Estados Unidos).
lorena.maneiro@usc.es
ORCID: 0000-0002-2162-8281
Researcher ID: O-8393-2016
Intereses científicos: As liñas de investigación nas que colaboro fundaméntanse no estudo da conduta antisocial adolescente e os diferentes factores de risco e de protección asociados. Todo isto co fin de favorecer a adaptación das ferramentas de valoración do risco e, en consecuencia, a xestión do risco a través do desenvolvemento de estratexias de prevención e intervención efectivas.
Breve recensión curricular: A miña carreira investigadora deu comezo no ano 2013 co da miña etapa predoutoral dentro do grupo UDIPRE (actual UNDERISK). Como parte da miña formación investigadora cabe destacar a obtención dunha beca de investigación financiada pola Deputación de A Coruña, así como a participación en diversos proxectos de investigación e unha estancia predoutoral na Universidade Karl-Franzens de Graz (Austria). Traballei ademais como profesora interina na Facultade de Formación do Profesorado da USC e continúo colaborando activamente en diferentes proxectos de investigación dentro do grupo UNDERISK. Actualmente estou a realizar unha estadía posdoutoral no grupo Forensic Family and Youth Care Studies, pertencente ao Instituto de Educación e Estudos da infancia da Universidade de Leiden (Países Baixos).
emma.mayo@usc.es
ORCID: 0000-0003-0012-4858
Intereses científicos: Os meus intereses científicos céntranse na intervención familiar en casos nos que a familia recibe a un/a neno/a con discapacidade visual e/ou un trastorno do desenvolvemento e tamén na inclusión educativa de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
Breve recensión curricular: A miña actividade investigadora dou comezo no ano 2004, tras serme concedida unha beca de colaboración do Ministerio de Educación e Ciencia.
No ano 2007 iniciei a etapa da Tese de Doutoramento, obtendo o título de Doutora pola elaboración do traballo titulado “A familia ante a discapacidade visual dun fillo/a: reaccións, afrontamento e clima“. Durante este período gocei dun contrato predoutoral, “María Barbeito” (Xunta de Galicia, dende o 17-12-2007 ata o 16-06-2010).
Trala obtención do título de Doutora gocei dunha bolsa de investigación, concedida pola Deputación Provincial de A Coruña, dun ano de duración.
Durante estes anos fun autora e coautora de diversas publicacións relacionadas co ámbito da discapacidade, a integración educativa e a familia (índice h de 2 no ReseacherID -datos actualizados a 04/12/2020), e participei tamén en diversos congresos, tanto de ámbito nacional como internacional.
Participei, tamén no proxecto “Atención Temprana: mejora del proceso de comunicación del diagnóstico de Trastorno en el Desarrollo o Discapacidad en la primera infancia“, financiado pola Federación Española de Asociacións de Profesionais de Atención Temperá e polo Real Patronato sobre Discapacidade.
ricardo.fandino@usc.es
ORCID: 0000-0001-9788-0873
Intereses científicos: Os meus intereses científicos se centran la prevención dos problemas de conducta e a promoción da saude emocional na infancia e a adolescencia.
Breve recensión curricular: Profesor asociado do Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da USC. Doutor pola Universidade de Vigo ca Tese “Estudio da violencia filio-parental en menores con medidas xudiciais de internamento terapéutico”. Colaboro co Máster de Psicoloxía Infantil e Xuvenil da UOC e o Máster de Psicoloxía Xurídica da VIU. Dende o ano 2000 traballo no eido da adolescencia en institucións de xustiza xuvenil, clínica e programas de prevención da violencia e a saúde emocional. Coordinador Xeral de ASEIA (Asociación para a Saúde emocional na Infancia e a Adolescencia). Teño colaborado na publicación de diversos libros, capítulos e artigos centrados no desenvolvemento da adolescencia e a intervención institucional con este grupo etario.
anastasiia.ogneva@usc.es
Intereses científicos: A miña liña de investigación céntrase na adquisición e desenvolvemento da linguaxe. Más concretamente, interésame o papel dos factores cognitivos no desenvolvemento da linguaxe normotípica e nos trastornos linguísticos. Asimesmo, estou interesada no bilingüismo e na adquisición de segundas línguas.
Breve recensión curricular: A miña carreira investigadora comezou no ano 2016 co inicio da miña etapa pre doutoral no Departamento de Psicoloxía da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. A miña formación pre doutoral foi financiada por unha axuda da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Durante a etapa pre doutoral, realicei dúas estancias de investigación: no grupo LAVA (Language acquisition, Variation & Attribution) da Universidade Ártica de Noruega (Tromsø) e no Centre for Language and Brain da Universidade HSE (Moscova). Pola tese doutoral recibín o Premio de Investigación AESLA “Guadalupe Augado” para mozos investigadores/a (2021) e o Premio Extraordinario de Doutoramento (2022). Tras obter unha axuda postdoutoral Margarita Salgas (financiada polo Ministerio de Universidades), en 2022 incorporeime ao grupo UNDERISK e comecei o proxecto centrado na adquisición da linguaxe en nenos/as con TEL/TDL que estou a realizar actualmente.
Este sitio web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia mentres navega polo sitio web. Ademais destas cookies, as cookies clasificadas como necesarias almacénanse no seu navegador xa que son tan esenciais para o funcionamento da funcionalidade básica do sitio web. Tamén usamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como empregas este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén tes a opción de desactivar estas cookies. Pero optar por algunha destas cookies pode ter un efecto na súa experiencia de navegación.
Este sitio web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia mentres navega polo sitio web. Ademais destas cookies, as cookies clasificadas como necesarias almacénanse no seu navegador xa que son tan esenciais para o funcionamento da funcionalidade básica do sitio web. Tamén usamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como empregas este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén tes a opción de desactivar estas cookies. Pero optar por algunha destas cookies pode ter un efecto na súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría inclúe só cookies que garanten a funcionalidade básica e as funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan información persoal.