Do 16 ao 18 de outubro celebrouse en Cáceres o XIV Congreso Español de Criminoloxía e durante o mesmo foi elixida a nova Xunta directiva da Sociedade Española de Investigación Criminolóxica. Entre os membros dela atópase Xosé Antón Gómez Fraguela, membro do grupo de investigación UNDERISK, que desempeñará durante o próximo mandato o cargo de editor da Revista Española de Investigación Criminológica (REIC). Esta revista pretende difundir investigacións de calidade dentro do ámbito da Criminoloxía que se teña realizado en España e nos países latinoamericanos. A pesar de que a REIC mellorou considerablemente o seu nivel de impacto científico nos últimos anos grazas ao esforzo conxunto de toda a SEIC, o reto durante este período será escalar posicións no seu nivel de impacto e afianzarse como unha referencia de prestixio no ámbito da Criminoloxía. .
