Na primeira semana de outubro de 2023 tivemos a visita de investigación da doutora Rebecca Waller, especialista en psicopatoloxía do desenvolvemento recoñecida internacionalmente, coa que UNDERISK realizou colaboracións anteriores. Durante estes días, varios membros do grupo tiveron a oportunidade de reunirse con Rebecca e comentar con ela os avances nas nosas liñas de investigación sobre os problemas de conduta na infancia.
Ademais, Rebecca Waller presentou unha parte importante da súa propia investigación na conferencia titulada: Que poden dicirnos os trazos callous-unemotional in early childhood sobre a prevención e o tratamento do comportamento antisocial ao longo da vida? Foron días moi estimulantes para compartir ideas, reflexións e futuras vías de traballo.