Carmen Sánchez Vázquez, investigadora predoutoral do grupo UNDERISK, participou no International Society for Research on Aggression 2026 World Meeting, celebrado en St. Catharines (Canadá), entre o 20 e o 23 de xullo, onde presentou o estudo “Co-developmental trajectories of reactive and proactive aggression in early childhood: Predictors, outcomes and physiological correlates“, asociado ao Estudo Lonxitudinal ELISA e ao proxecto ELISA Socioemocional.
Foi seleccionada para formar parte do New Investigators Program, que ten como obxectivo facilitar o desenvolvemento profesional de investigadores noveles, e a través do cal tivo a oportunidade de asistir a distintos talleres durante a conferencia e conectar con outras investigadoras do campo de estudo da conduta agresiva. A súa implicación neste programa estenderase durante os próximos dous anos, nos cales participará en eventos que terán lugar virtualmente antes da próxima reunión da International Society for Research on Aggression.