O proxecto Emosfera busca comprender como as habilidades socioemocionais inflúen no benestar e axuste psicosocial entre a poboación de adultos novos (18-35 anos). Supón a ampliación dunha liña investigación iniciada anteriormente en poboación infanto-xuvenil (Proxecto ELISA Socioemocional), e ten como obxectivo identificar perfís de risco e factores de protección que axuden a previr futuras dificultades emocionais e sociais.
Obxectivos específicos
-
- Analizar como recoñecemos as emocións nos demais.
-
- Avaliar o papel da atención no recoñecemento das emocións.
-
- Identificar as reaccións fisiolóxicas que acompañan ao procesamento emocional.
Protocolo de avaliación socioemocional
Mediante un protocolo de avaliación multi-método, combínanse aspectos conductuais, cognitivos e emocionais, que poden constituír un maior risco de cara ao desenvolvemento de dificultades psicosociais no transcurso da adultez temperá.
A participación no proxecto desenvólvese en dúas partes: nun primeiro lugar, a cumplimentación en liña de cuestionarios auto-informados; posteriormente, a realización de tarefas de laboratorio deseñadas para avaliar as competencias socioemocionais e estudar o seu papel na comprensión de distintos perfís de axuste. De xeito específico, a información recollida a través dos cuestionarios complementarase mediante as seguintes tarefas:
-
- Recoñecemento emocional: Identificación de emocións básicas en rostros adultos e infantís, incluíndo rastrexo dos movementos oculares.
-
- Procesamento e expresión emocional: Visionado pasivo de imaxes de contido emocional con rexistro de respostas fisiolóxicas asociadas (actividade electrodérmica, taxa cardíaca e activación de distintos músculos faciais).
Con este estudo, se pretende achegar ferramentas que permitan detectar precozmente dificultades socioemocionais na adultez temperá para, a partir de aí, deseñar estratexias de intervención que promovan un desenvolvemento máis saudable e un mellor axuste psicosocial.


