Esta páxina vai dirixida aos e ás especialistas en prevención que teñen optado polo programa Construíndo Saúde como alternativa preventiva para a Educación Secundaria Obrigatoria. A traves dela pretendemos dar acceso a distintos materiais e recursos que faciliten a aplicación do programa nas súas localidades.
A páxina tamén pretende ser un vehículo de comunicación e colaboración que facilite a creación dunha comunidade na que técnicos e investigadores traballen conxuntamente para axudar a promover un desenvolvemento positivo da xuventude galega.
No seguinte apartado podedes atopar enlaces a diferentes recursos do programa Construíndo Saúde.
Acceso aos materiais do programa
Neste apartado atoparedes as novas sobre o programa Construíndo Saúde máis recentes.