Search
Close this search box.

Novas

Newsletter sobre ELISA Socioemocional

O proxecto ELISA Socioemocional xorde do Proxecto ELISA e ten como obxectivo estudar a expresión, o recoñecemento e o procesamento emocional dos nenos e nenas. Os principais resultados do proxecto pódense consultar na newsletter que acaba de publicar o grupo UNDERISK. Neste documento preséntanse os resultados atopados sobre a facilidade dos nenos e nenas para o recoñecemento das emocións, as diferenzas na forma de reaccionar ante o contido emocional ou as diferenzas de xénero nestes procesos. Dada a importancia das competencias socioemocionais para o axuste condutual e emocional durante a infancia, refórzase o seu papel como estratexias a desenvolver nos programas de prevención. Dada a importancia das competencias socioemocionais para o axuste condutual e emocional durante a infancia, reforzase a importancia de programas como o programa EmPeCemos-primaria para previr a aparición de problemas de conduta e de saúde mental na infancia e na adolescencia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp