O pasado 20 de febreiro, a Escola Galega de Saúde Publica acolleu unha sesión formativa sobre o programa Construíndo Saúde, un programa deseñado para ser aplicado nos primeiros cursos da Educación Secundaria. A actividade foi impartida por Xosé Antón Gómez Fraguela e Estrella Romero Triñanes, membros do grupo de investigación UNDERISK , e contou coa participación de 12 técnicos e técnicas de prevención de distintas entidades e concellos galegos.
Esta formación enmarcase dentro das subvencións concedidas pola Consellería de Sanidade destinadas ao desenvolvemento de proxectos de prevención de condutas adictivas no ámbito local. O obxectivo principal da sesión foi capacitar aos profesionais participantes para a aplicación con fidelidade do programa Construíndo Saúde. Para logralo proporcionouse un coñecemento exhaustivo das actividades do programa e do tipo de dinámicas que se deben empregar para aplicalas. Ademais tratouse o procedemento a seguir para a formación do profesorado dos IES nos que se vai a implantar e os procesos de coordinación, implantación e avaliación das intervencións que se leven a cabo.
A iniciativa inscríbese nun marco de colaboración entre a Consellería de Sanidade, os Concellos e entidades implicadas no desenvolvemento de proxectos de prevención de condutas adictivas e a Universidade de Santiago de Compostela, a través do grupo UNDERISK.
Nos últimos meses, o noso grupo desenvolveu unha adaptación específica do programa para Galicia, que inclúe:
- unha versión en galego actualizada;
- a reorganización dos contidos, reducindo de 17 a 10 as sesións a realizar no primeiro ano;
- a incorporación de actividades renovadas e actualizadas, mantendo a filosofía orixinal do programa.
Por outra parte se está traballando na creación dun espazo web específico para esta iniciativa dirixido a facilitar a cooperación entre todos os participantes nesta experiencia. Con este novo espazo pretendese que as distintas partes implicadas podan:
- acceder aos materiais da nova versión do programa;
- utilizar distintas ferramentas de avaliación das intervencións;
- atopar distintos recursos relacionados cos contidos das sesións, e
- facilitar a colaboración entre as distintas partes implicadas na iniciativa.