Search
Close this search box.

Novas

Como o estatus sociométrico se relaciona coas dificultades emocionais e de comportamento na infancia.

Fai uns días saíu publicado un artigo con datos desta investigación. Nel abórdase cómo a posición social dos e das estudantes dentro da aula relaciónase coa presenza de problemas de conduta emocionais e condutuais.

A saúde mental na infancia está despertando nos últimos anos moito interese social e académico. En 2020 o noso grupo de investigación recibiu o financiamento do Ministerio de Sanidade a través da Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas (2020/014) para desenvolver, aplicar e avaliar o programa Empecemos Universal dirixido a previr problemas emocionais e conductuais nos primeiros anos da educación primaria.

Os resultados mostran que os nenos presentan máis problemas de conduta que as nenas non observándose diferenzas con respecto aos problemas emocionais. Tamén se observan diferenzas entre nenos e nenas no estatus sociométrico a estas idades temperás. As nenas aparecen con máis frecuencia como Preferidas polos seus compañeiros de clase, mentres os nenos teñen máis probabilidades de ser identificados como Controvertidos (altas eleccións pero tamén altos rexeitamentos).

A través dunha análise de perfís latentes (LPA) sobre os datos de problemas de conduta identificáronse catro grupos: Normativos, Internalizantes, Externalizantes e Comórbidos. Este último, que combina dificultades emocionais e condutuais, asociouse cunha alta probabilidade de pertencer ao estatus sociométrico Rexeitado.

Os resultados subliñan a utilidade de considerar o estatus sociométrico dentro da aula como estratexia para identificar grupos de risco a idades temperás, orientar recursos e deseñar programas preventivos máis eficaces.

O artigo completo pódese consultar no seguinte enlace: https://doi.org/10.1007/s12144-025-08641-x.

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp