Search
Close this search box.

Charlas de sensibilización contra o bullying no colexio CEIP Ramón Cabanillas

Ao lonfo das semanas do 11 e do 18 de marzo Beatriz Díaz e Xosé Antón G. Fraguela realizaron varias charlas de sensibilización contra o Bullying no CEIP Ramón Cabanillas As charlas, que levaban por título “Falando sobre o bullying”, tiñan como destinatarios o estudantado de 3º e 5º da Educación Primaria. Nun contexto participativo, puidemos discutir con eles/as algunhas realidades e manifestacións actuais deste fenómeno na educación primaria.

Como complemento, tamén tivemos a oportunidade de reunirnos con algunhas familias para falar deste fenómeno. Baixo o título: “A prevención do bullying e a colaboración familia-escola”, puidemos facernos eco dalgunhas das súas maiores preocupacións, compartir reflexións e discutir con eles algunhas alternativas ou estratexias para aplicar desde as familias á hora de enfrontarnos a esta realidade.

Agradecemos á AMPA do colexio a súa coordinación, implicación e fomento da participación nun tema que se sitúa na primeira liña das preocupacións actuais nas dinámicas escolares e virtuais.