Search
Close this search box.

Novas

Análise de redes das diferenzas de xénero en problemas de conduta e trazos de dureza emocional: Un estudo internacional con datos do ABCD e do Proxecto ELISA

Recentemente publicouse na revista Research on Child and Adolescent Psychopathology un estudo que aplica un enfoque de análise de redes para examinar as diferenzas de xénero nos problemas de conduta e nos trazos de dureza emocional en mostras comunitarias de Estados Unidos e España. O traballo é froito dunha colaboración internacional entre investigadores da Universidade de Pensilvania, a Universidade de Flinders, a Universidade de Pittsburgh Escola de Medicina, a Universidade Internacional de Florida e a Universidade de Santiago de Compostela (grupo UNDERISK).

O estudo combina datos do Proxecto ELISA con información procedente do estudo ABCD, un dos maiores e máis influentes estudos lonxitudinais a nivel internacional sobre o desenvolvemento infantil e adolescente. A mostra final incluíu a máis de 13.000 nenas e nenos de entre 9 e 12 anos. Observáronse patróns en gran medida similares entre países e xéneros, aínda que xurdiron algunhas diferenzas relevantes. Conxuntamente, os nenos mostraron niveis máis elevados de trazos de dureza emocional que as nenas e observouse un maior risco de problemas de conduta en nenos menores de 12 anos en comparación coas nenas de Estados Unidos. A análise de redes permitiu identificar síntomas clave e patróns de interconexión consistentes, destacando unha maior centralidade da agresión relacional en nenas e da destrución da propiedade en Estados Unidos. Estes resultados subliñan o valor da colaboración internacional para avanzar na comprensión dos problemas de conduta na infancia e na adolescencia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp