Novas

Finalizada o curso de formación do profesorado sobre o programa EmPeCemos-Universal

Durante o mes de novembro celebrouse na Facultade de Psicoloxía o curso “Aprendizaxe socio emocional como estratexia preventiva na educación infantil e primaria“. O curso realizouse os venres 12, 19 e 26 de novembro e na mañá do sábado 27 e se enmarca dentro do proxecto de investigación 2020/014 financiado polo Ministerio de Sanidade a través da Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas.

O curso pretendía analizar a utilidade preventiva de traballar as habilidades socio emocionais nos primeiros anos de escolarización e capacitar a profesorado de Educación Primaria para a implantación do programa EmPeCemos-Universal. No curso participaron un total de 23 persoas, das cales a maioría eran docentes de diversos colexios que a partir de xaneiro de 2022 aplicarán o programa EmPeCemos-Universal nos seus centros (o CEIP de Pedrouzos de Brión; o  Camiño Inglés de Sigüeiro; o Sobrado – Nebra de Porto do Son; O Ramón Cabanillas e o Vilas Alborada  de Compostela e o Luis Vives de Ourense).

Desde UNDERISK queremos agradecer a todos e todas as participantes a súa implicación no curso e desexar que o aprendido lles sexa de utilidade para abordar o traballo sobre as habilidades socio emocionais nas aulas. Cos centros e as docentes que van aplicar o programa seguiremos en estreito contacto durante os próximos meses e esperamos que a experiencia sexa altamente satisfactoria tanto para elas como para o seu alumnado e as súas familias.

 

 

Subscríbete ao Blog de Elisa

Se quere contactar con nos preme na seguinte ligazón: