Factores de risco de condutas problemáticas

A traxectoria investigadora do grupo UNDERISK está estreitamente ligada ao estudo dos factores de risco de conductas antisociais e delincuencia. Con este fin, foron diversos os proxectos e traballos de investigación dirixidos a avaliar aqueles factores con maior influencia sobre a aparición e mantemento destas tipoloxías condutuais, principalmente dende una metodoloxía lonxitudinal. Entre os factores de risco con maior relevancia nos diferentes estudos levados a cabo destacan aqueles relacionados coas prácticas parentais, as características temperamentais e de personalidade, ou diferentes factores psicosociais asociados ao ámbito escolar ou asociación co grupo de iguais.

Obxectivo xeral

Determinar os factores de risco con maior influencia sobre a aparición e/ou mantemento das conductas problemáticas ou antisociais.

Obxectivos específicos

  • Avaliar as traxectorias de desenvolvemento psicosocial dende a etapa infantil ata a adolescencia e adultez emerxente.
  • Analizar a influencia de determinados factores de risco como as prácticas parentais, as características temperamentais e de personalidade ou a asociación cos iguais antisociais, sobre o desenvolvemento de condutas problemáticas.
  • Coñecer a influencia das prácticas parenterais sobre o desenvolvemento da personalidade.
  • Avaliar os efectos de mediación dos amigos antisociais sobre a relación entre as prácticas parenterais e a conduta antisocial adolescente.
  • Profundar no estudo das diferencias de xénero e idade.

Mostra de estudo

Diversos estudos lonxitudinais foron levados a cabo, algúns deles aínda en marcha, co gallo de avaliar as traxectorias de desenvolvemento e os factores de risco asociados ás condutas problemáticas. Para isto, diferentes mostras de poboación comunitaria foron seleccionadas para a súa participación procedentes, na súa maioría, da Comunidade Autónoma de Galicia.

Subscríbete ao Blog de Elisa

Se quere contactar con nos preme na seguinte ligazón: