Novas

Estadía de investigación de Mariana Aimé Castro Isdahl-Troye na Universidade de Massachusetts en Amherst (UMass Amherst)

O pasado mes de decembro regresou dunha estadía de investigación Mariana Aimé Castro Isdahl-Troye. O centro no que a realizou foi o laboratorio “Individual Differences in Development Lab” da Universidade de Massachusetts en Amherst.

A estadía foi financiada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional como parte do programa de Axudas a la Formación do Profesorado Universitario (FPU) e con ela Mariana afondou no estudo dos problemas de conduta infantís e os seus predictores temperás. Grazas á axuda puido traballar co profesor Kirby Deater-Deckard, que conta cunha ampla experiencia investigadora no campo das diferenzas individuais na infancia e adolescencia, da influencia de variables familiares no desenvolvemento de problemas de axuste comportamental e dos mecanismos bio-sociais subxacentes a ditos problemas. Como resultado desta estadía teñen xurdido liñas de colaboración de gran interese nas que o grupo UNDERISK se implicará nos próximos anos.

Subscríbete ao Blog de Elisa

Se quere contactar con nos preme na seguinte ligazón: