Novas

Emma Mayo foi nominada nos VII Premios Educa ABANCA mellor docente de España

A nosa compañeira Emma Mayo foi nominada, por segundo ano consecutivo, nos VII Premios Educa ABANCA mellor docente de España. Dende a plataforma EDUCA convócanse anualmente os Premios EDUCA aos Mellor Docentes de centros públicos e privados de España co obxectivo de recoñecer publicamente a labor dos grandes docentes que viven e gozan do seu traballo, educan para a vida ao seu alumnado e involúcranse ao máximo en todo o proceso educativo, tanto dentro como fóra da aula. Os Premios EDUCA ao Mellor Docente de España teñen o obxectivo de recoñecer a labor desempeñada polos mellores docentes durante todo o curso académico. Buscan resaltar socialmente a figura do bo docente, a súa implicación no proceso de ensinanza do seu alumnado, así como a súa importancia para a sociedade.

Descarga aquí o listado de docentes nominados/as.

 

Subscríbete ao Blog de Elisa

Se quere contactar con nos preme na seguinte ligazón: